Outros proxectos
Actividades de concienciación medioambiental
Fomentamos o respecto polo medio ambiente a través de actividades nas que buscamos divulgar valores naturais e tamén organizamos accións de recollida de lixo mariño nas que participan como voluntarios moitos dos asistentes ás nosas rutas e actividades de animación.
Rutas para escolares
Motívanos moito dar a coñecer entre o alumnado dos centros educativos a gran riqueza da nosa contorna. Adaptamos os contidos das nosas rutas ás idades de cada grupo para achegarlle, de forma amena e didáctica, os nosos recursos turísticos naturais, culturais, históricos e patrimoniais.
Colaboracións
Estamos abertos a establecer lazos de colaboración con outros colectivos e organizacións da nosa contorna.
Asociación A Cepa
Traballando pola memoria e a cultura de Cangas
Asociación SOGAPS
Actividades de animación Festival solidario Bueu 2019
Programa RAIS
Actividades lúdicas de reforzo académico para a integración social
Os Mata Pardales
Actividades de animación na chocolatada solidaria