COÑECENDO XUNTOS CADA RECUNCHO DE CANGAS
Coa chegada do outono vos propoñemos unha maneira amena e didáctica de coñecer os encantos da vila de Cangas a través das nosas rutas guiadas.
Coma sempre as nosos rutas son totalmente gratuítas pero ao finalizar os percorridos, @s nos@s guías ofrecerán aos asistentes a posibilidade de facer unha colaboración simbólica e voluntaria a favor da nosa asociación que empregaremos para a realización doutros proxectos.
“Outono en ruta 2023”, once rutas diferentes para coñecer Cangas, as súa historias e recunchos
O programa que deseñamos constará de once rutas diferentes que levaremos a cabo os fins de semana en horario matinal. Podedes consultar as características de cada un dos percorridos premendo enriba de cada un destes enlaces que vos levarán a nosa web:
Aldán, un condado a beira do mar
O Hío, de pedra en pedra
Cabo Home e a Costa da Vela
Massó, o sentir dun pobo
O Facho, gardián milenario
Cangas e o mar
Personaxes de Cangas
Historia das mulleres de Cangas
Casco histórico de Cangas
Cangas 1617, a defensa da vila
Cangas 1617, outro punto de vista
Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada
Os interesados deben inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53. Nun principio teremos un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas, habilitaremos as correspondentes listas de espera que xestionaremos de forma activa.
Óscar Rodríguez Martínez
Socio fundador de A Illa dos Ratos.
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/02/06/2020
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/15/06/2020
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/09/07/2020
Un comentario
Enrique
Felicidades por otro otoño haciéndonos disfrutar , de las costumbres, usos, cultura e historia de la península del Morrazo. Un abrazo ratonero para todos