carballar de coiro foto de rego bouzos
Con esta ruta iniciamos unha serie de andainas polos montes do noso municipio, que este sábado 5 de novembro iniciamos na parroquia de Coiro. Falar de Coiro é falar de bruxas, de misterio e de lendas, pero hai un lugar ao norte da parroquia onde atoparemos este cóctel nun contorno natural incomparable: O Carballal de Coiro. Comezaremos o noso percorrido no Igrexario, onde a nosa imaxinación poderá chegar a facernos ver bruxas arredor do campanario da igrexa chamadas ao aquelarre na praia de Areas Gordas (hoxe Rodeira) e coñecer a historia das famosas bruxas de Cangas. Adentrarémonos nun espazo natural protexido que está considerado un dos bosques autóctonos máis importantes da costa sur de Galicia. Unha auténtica fraga bañada polas fervenzas do río Bouzós, camiños centenarios no que ver as marcas dos antigos carros que os percorrían, carballeiras que nos farán viaxar no tempo ata aquela Galicia verde dos nosos antergos e os antigos moradores destas singulares paraxes. Convidámosvos a ser testigos da explosión de cores dos soutos, das carballeiras e dos bosques de ribeira no outono, ou descubrir máis da flora e fauna deste espazo cheo de vida, neste verxel no corazón da comarca do Morrazo, proveedor de toxo, herba, leña, castañas, auga ou madeira para os habitantes da parroquia. Pero nesta fraga tamén habitan seres mitolóxicos, desde mouras, virxes ou cabalos máxicos, ou bruxas e meigas (que habelas hailas) e que poden irrumpir no noso camiño preto da máxica Pedra da Pena. Os camiñantes que nos acompañen, poderán coñecer de primeira man este espazo natural e a importancia da súa conservación e posta en valor, así como o papel que nelo xogan os auténticos gardiáns deste paraíso, como son os comuneiros da Comunidade de Montes de Coiro. Mais esta non será a única andaina polo monte. Nunha vila mariñeira como Cangas, acostumada a mirar ao mar, moitas veces esquecemos de ver cara o outro lado e descubrir o paraíso que temos costa arriba, nos nosos montes. Así, continuaremos en decembro descubrindo as atalaias da Serra da Madalena, entre Darbo e Aldán, e preparando xa novos roteiros por outros montes de Darbo e o Hío. Recomendacións: calzado cómodo e a poder ser impermeable, roupa cómoda, chuvasqueiro (consultar predición meteorolóxica), auga abundante, pequeno refrixerio -galletas, froita,…- Faremos un pequeno descanso na metade da ruta.
Redacción A Illa dos Ratos
+ artigos

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.