LOURIZÁN: UN PARAÍSO ESQUECIDO.
Texto elaborado por Irene Aboy Quintela, socia de A Illa dos Ratos.
Ao longo do territorio galego son moitas as infraestruturas que son propias da nosa cultura: os canastros, as pallozas, os cruceiros, os petos de ánimas, etc. pero se hai unha que destaca por ser a máis nobre de todas, sen dúbida, son os pazos galegos. Cos seus impresionantes xardíns e a súa arquitectura de carácter defensivo, a súa orixe podemos atopala no século XVIII nos vellos señoríos coas súas casas fortaleza.
Así e todo, o Pazo de Lourizán confronta totalmente co pazo tradicional galego e sorprende a todo o mundo xa que, tras unha reforma realizada por Jenaro de la Fuente (principal arquitecto do Concello de Vigo), deixa atrás ese carácter de infraestrutura defensiva e se converte nun palacio modernista único e irremplazable onde o edificio se abre ao xardín a través dos seus enormes ventanais, permitindo deste xeito que ambos espazos convivan en armonía.
Aínda que a día de hoxe o edificio non é visitable polas condicións nas que se atopa, sabemos por diversas fontes dos importantes acontecementos que alí sucederon, protagonizados por destacadas personalidades.
O pazo de Lourizán como centro da política nacional
Esta pequena finca situada ao noroeste da Península Ibérica e no corazón das Rías Baixas convertiuse na meca política do país, sendo a residencia de verán de D. Eugenio Montero Ríos , un dos políticos máis destacados de finais do século XIX e principios do XX.
Do que sí podemos gozar é do inmenso xardín que rodea o pazo que ten todo o necesario para converter este lugar na finca de verán perfecta: un canastro, un pombal, fontes e fervenzas, un ceador e o máis que interesante invernadoiro que nos recorda a un Palacio de Cristal.
Grazas a que este xardín contén especies de todos os continentes, podemos viaxar ao redor do mundo sen saír das 54 hectáreas que abarca a finca. A camelia é sen dúbida a raíña e protagonista do predio, enchendo de cor o frío inverno galego. Cabe destacar que neste lugar encontramos a camelia máis alta de Galicia cunha medida de vinte metros e medio.
A pesar de todo e con toda a historia que leva as súas costas, resulta curioso que este pazo sexa descoñecido incluso para moitas persoas que viven a escasos kilómetros del, sendo os seus principais visitantes algúns veciños así como historiadores especializados nos séculos XIX e XX.
Por todas estas razóns esta visita guiada pretende desempolvar os valiosos recordos e vivencias e dar a coñecer un punto importante da nosa historia contemporánea. ¿A que quedaches con ganas de saber un pouco máis deste lugar?
Redacción A Illa dos Ratos
-
Redacción A Illa dos Ratoshttps://ailladosratos.org/author/admin/05/02/2016
-
Redacción A Illa dos Ratoshttps://ailladosratos.org/author/admin/
-
Redacción A Illa dos Ratoshttps://ailladosratos.org/author/admin/26/06/2016
-
Redacción A Illa dos Ratoshttps://ailladosratos.org/author/admin/
Deixa a túa resposta