AS BIBLIOTECAS ITINERANTES, UN XEITO EFECTIVO DE FACER CHEGAR OS LIBROS ÁS PERSOAS DO RURAL

Texto elaborado por Xerardo Dasairas Balsa, mestre xubilado cunha dilatada traxectoria como investigador en diversos ámbitos.

Dentro das actividades das Misións Pedagóxicas, as bibliotecas itinerantes foron unha iniciativa para facer chegar libros e fomentar a lectura entre á xente máis humilde

Como comentabamos no anterior artigo adicado as Misións Pedagóxicas e os Centros de Colaboración, a pesar de que as súas actividades chegaron a moitas poboacións galegas, as vilas do Morrazo non gozaron das sesións de cine, dos museos, das exposicións fotográficas ou dos monicreques que ofertaba este padroado, pero si que se beneficiaron doutra importante iniciativa.

Á chegada da República non había apenas bibliotecas públicas en España e ningunha escola rural contaba con libros infantís, de aí que o labor emprendido polo Padroado das Misións iniciase a maior campaña de lectura que xamais se fixo no Estado, repartíndose bibliotecas para adultos e nenos polos pobos.

AS MISIÓNS PEDAGÓXICAS E OS CENTROS DE COLABORACIÓN NO MORRAZO
Unha nena e un neno lendo libros dunhas das bibliotecas itinerantes e representación de monicreques “La doncella guerrera”, en 1933.

En xeral, as coleccións de libros centralizábanse na escola solicitante e o Padroado enviáballa aos mestres que os pedían baixo a garantía de que o encargado faría xirar os libros e usalos con eficacia.

Entre as Bibliotecas Itinerantes solicitadas no Morrazo constan as enviadas a Bueu en abril e maio de 1933 ás escolas da Banda do Río e do Pósito, unha petición non executada para unha escola de Cangas, unha enviada á escola de Tirán e outra a Marín o 7 de marzo de 1935.

Coa caída da República foron case seiscentos os “misionarios” colaboradores que sufriron toda clase de destinos: uns morreron asasinados, outros continuaron na guerra enrolados nas Milicias da Cultura ou nas Brigadas Voantes e moitos foron encarcerados, expedientados ou exiliados, dándose o caso de que tamén algúns se integrasen nas fileiras franquistas.

Ao remate da guerra e no proceso de depuración do maxisterio, a Institución Libre de Enseñanza foi saqueada e declarada ilegal e “altamente perniciosa”

Martín-Sánchez Juliá, procurador nas Cortes franquistas e propagandista católico cualificaría en 1940 ás Misións Pedagóxicas de “verdadero apostolado del diablo, corruptor de pueblos, enardecedor de revolucionarios del surco y de la estepa. Repartiéndose ‘bibliotecas populares’ cuyos libros comprados en masa por sectarios antiespañoles del Ministerio de Instrucción Pública eran manuales de anarquismo (…) con los cuales se “ilustró” a pobres campesinos que sólo sabían leer o a jóvenes obreros con ambiciones políticas”.

Xerardo Dasairas Balsa
+ artigos

Diplomado en Filoloxía por Maxisterio, exerceu como mestre en Cangas do Morrazo. Dende 1978 ven colaborando en prensa e revistas de Galicia con artigos referentes a etnografía, historia, arqueoloxía, patrimonio, pedagoxía e socioloxía.

3 comentarios

  1. Las misiones pedagógicas en el Morrazo (II) » A Illa dos Ratos

    […] SEGUINTE CAPÍTULO RUTA "CANGAS NA REPÚBLICA" […]

  2. O dilema da autoría do Cruceiro do Hío (I) » A Illa dos Ratos

    […] SEGUINTE CAPÍTULO RUTA "O HÍO, DE PEDRA EN PEDRA" […]

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.