UN AMPLO E VARIADO PROGRAMA DE RUTAS PARA O QUE RESTA DE 2021

Para os meses de setembro, outubro e novembro os ratos temos previsto realizar 14 rutas en colaboración co Concello de Moaña e inicialmente outras catro rutas en Cangas coa colaboración da A.C A CEPA.

Ata que a evolución da pandemia da Covid 19 e o ritmo das vacinacións nos permitan retomar a normalidade na nosa actividade, cada ruta contará unicamente con 20 prazas.

Ata entón farémolo coma sempre: cumprindo con todos os requisitos de seguridade e co límite de asistentes que marquen as autoridades en cada momento.

 

En Moaña programamos “DESCUBRE MOAÑA NO OUTONO 2021” coas rutas que tanto éxito colleitaron nos anos anteriores

Teremos a oportunidade de descubrir os lugares máis interesantes e toda a historia de Moaña cun novo programa de rutas para os meses de setembro, outubro e novembro que estará composto por 14 rutas. No que respecta aos percorridos, ofertamos prazas para todas as rutas que temos na vila moañesa: “Ruta literaria, O último barco“, “A Moaña mariñeira“, “Canteiras do litoral de Moaña“, “San Martiño“, “Sendeiro da Fraga“, “Intermareal de Tirán“, “Sendeiro de Rialdarca” e “Mulleres da Historia de Moaña“.

En Cangas teremos inicialmente 4 rutas enmarcadas no programa “SETEMBRO EN RUTA 2021”  

Para Cangas presentamos un programa de rutas que inclúe grandes clásicos dos últimos anos como “Massó, o sentir dun pobo“, “O Facho, gardián milenario“, “Muíños de Coiro” e “Cabo Home“.

Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada 

Os interesados poden inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53 xa que teremos un límite de prazas que, como xa comentamos, iremos axustando segundo a evolución da pandemia. 

Redacción A Illa dos Ratos
+ artigos

2 comentarios

  1. Redacción A Illa dos Ratos

    Grazas polas túas felicitacións. Seguiremos dando a coñecer e poñer en valor esta comarca do Morrazo que tanto amamos.

  2. María Rosario Rodríguez

    Este ano fixen dúas das rutas e as dúas moi, moi ben… As explicacións pir parte dos guías xenais e os percorridos interesantes. Grazas por guíarnos a través destas maravillosas terras. Estou desexando facer máis rutas. Enhoraboa!

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.