Ruta “Sendeiro do Barranco do Faro”

A Festa Popular de Bronlle
A Festa Popular de Bronlle xurdiu no verán de 1976 cando un grupo de mozos e mozas de Meira que formaban parte da A.C A Canle tiveron a iniciativa de facer unha festa en Bronlle, unha carballeira pertencente á igrexa de Meira, que sempre fora un lugar de encontro, de xogos, de diversión para rapaces, mozos e maiores da parroquia.
A idea tivo unha boa acollida e axiña se puxeron mans a obra coa total colaboración do crego D. Manuel Duarte, personaxe cun protagonismo moi importante naqueles anos na parroquia e que facilitou moitísimo as cousas para crear unha romeria tradicional galega que cos anos se iría consolidando e cumprindo o seu obxectivo de poñer en valor a lingua e a cultura galega logo dos anos escuros do franquismo. … Ler máis

A Traída de Augas de Meira – A Torre
A creación da Traída de Augas de Meira-A Torre podería calificarse dun feito histórico na nosa contorna xa que supuxo a primera traída veciñal de auga da zona do Morrazo e serviu de exemplo e guía para outras iniciativas similares que foron feitas posteriormente.
Foi construída polos veciños, sen ningún tipo de apoio institucional e constituiuse oficialmente ante notario en Cangas o 30 de xaneiro de 1972 con 121 asociados, os cales representaban a outras tantas vivendas dos barrios de Couso, Pombal e Reibón. … Ler máis