Ruta “Mulleres da historia de Bueu”

As Xulianas, a saga de poxadoras de Bueu (II)
Neste segundo artigo o investigador e divulgador José Manuel Dopazo Entenza nos conta detalles interesantes das últimas representantes desta importante saga de poxadoras de Bueu e remata facendo unha reflexión sobre a necesidade de poñer en valor o seu labor e de darlles o recoñecemento que merecen pola súa relevancia na historia da nosa vila, xa que sen elas non se podería entender o desenvolvemento pesqueiro e industrial do Bueu do século XIX e XX. … Ler máis

As Xulianas, a saga de poxadoras de Bueu (I)
Neste artigo titulado “As Xulianas, unha saga de poxadoras de Bueu” o investigador e divulgador José Manuel Dopazo Entenza nos fala da importancia destas mulleres que son parte da historia de Bueu tanto pola súa singularidade como polo seu legado, un labor que merece ser coñecido e posto en valor.
No pobo non hai mariñeiro xubilado ou activo que non lembre ou escoitase falar dalgunha destas poxadoras, e sen elas non se podería entender o desenvolvemento pesqueiro e industrial do Bueu do século XIX e XX. … Ler máis

Sofía Gómez Buceta, primeira funcionaria de Bueu
Sofía Gómez Buceta foi a primeira muller funcionaria de Bueu. Inicialmente foi asignada á Biblioteca Popular Municipal de Bueu pero pola súa valía, durante anos compaxinou esta labor coa prestación de servizos para a secretaría xeral.
Co golpe militar do ano 1936 a biblioteca foi clausurada e tras superar o expediente de depuración ao que foi sometida, Sofía sería reasignada definitivamente á secretaría xeral onde exercería ata a súa xubilación en 1971, logo de máis de 40 anos como empregada do Concello de Bueu. … Ler máis

Matilde Bares, a gran mestra de Bueu
Matilde Bares Giráldez está considerada unha das mestras máis relevantes da historia de Bueu. Pola súa casa – escola, onde exerceu durante máis de 60 anos, pasaron moitos nenos e nenas do pobo para recibir a ensinanza primaria pero tamén foron numerosos os adultos que acudían a ela para aprender a ler, escribir e recibir fundamentos básicos de matemáticas antes de emigrar ao outro lado do Atlántico e contar cunha formación mínima para defenderse e saír adiante na súa nova vida. … Ler máis