O santuario galaico-romano do Facho, na parroquia do Hío (Cangas) destaca polo gran número de aras votivas atopadas no lugar. Unhas 150 pedras que, alá polo séculos II-III debía ser como un bosque de pedra asomando no cumio dun monte que mira cara o occidente, cara onde se pon o sol. Tamén ten importancia que todas as aras con inscricións fagan referencia a un deus Lar