UNHA INICIATIVA VECIÑAL PIONEIRA NO MORRAZO

Texto elaborado por Óscar Rodríguez Martínez a partir da información facilitada por Pepe Sequeiros, presidente da Traída de Augas de Meira – A Torre entre 2017 e 2021.

Hoxe en día temos normalizado que cando abrimos algunha das billas da nosa casa podemos dispoñer sen esforzo de toda a auga que precisemos. Pero houbo un tempo non moi lonxano no que moitas casas, sobre todo no rural, non dispoñian de auga corrente e tiñan que ir a carrexala diariamente dende as fontes e regatos máis próximos.

Conseguir que a agua chegara ás viviendas, sobre todo nesas zonas máis rurais, non se presentaba como unha tarefa fácil porque requería da construción de infraestruturas que permitisen distribuír o recurso entre os veciños, un elemento indispensable e básico para a vida que de non xestionarse dun xeito eficiente podería converterse nun artículo de luxo no futuro.

As traídas veciñais de auga de Moaña, e máis concretamente a de Meira -A Torre, que actualmente da servicio a 420 viviendas, foron iniciativas pioneiras que a día de hoxe seguen funcionando, facilitando que os seus veciños teñan acceso a unha auga corrente de calidade a marxe da rede municipal.

A Traída de Augas de Meira – A Torre constituíuse en 1972

A creación da Traída de Augas de Meira – A Torre podería calificarse dun feito histórico na nosa contorna xa que supuxo a primera traída veciñal de auga da zona do Morrazo e serviu de exemplo e guía para outras iniciativas similares que foron feitas posteriormente.

Constituiuse ante notario en Cangas o 30 de xaneiro de 1972 con 121 asociados, os cales representaban a outras tantas vivendas dos barrios de Couso, Pombal e Reibón.

A primera directiva a formaban Manuel Pereiro Pidre, Manuel Martínez Cao, Lino Castilla, Manuel Gómez Santiago, Manuel Currás Gayo, José Collazo, José Sousa, Manuel Álvarez Meira, Severino Santiago, Cándido Guitiérrez del Río, Jesús Eugenio Currás, Manuel Chantada González e José Durán Santiago.

Aquela directiva, sen contar con ningún tipo de apoio institucional, responsabilizouse de coordinar o traballo de todos os veciños que se implicaron no proxecto e que se comprometeron a empregar parte do seu tempo libre para construír a traída nas fins de semana e os festivos.

Estes veciños foron os encargados de cavar no monte unha zanxa dun metro de profundidade e seis kilómetros de lonxitude para canalizar a agua desde os mananciais ata o depósito a través dunhas tuberías que unha vez instaladas foron cubertas con area para conseguir que quedasen ben ailladas, e logo aínda foron quen de facer outros tres kilómetros de canalizacións para levar a auga dende o depósito ata as vivendas. 

A TRAIDA DE AUGAS DE MEIRA - A TORRE
Fotografía do día da inauguración da traída, celebrado cunha sardiñada na que participaron os veciños.

A constitución da Traída de Augas de Meira – A Torre foi todo un acontecemento social

O ritmo de vida, condicionado polo traballo fora da casa cos seus desprazamentos, esixía mellores condicións de habitabilidade nas casas e a modernidade petou na porta.

En palabras de Pepe Sequeiros, que foi presidente da entidade en dúas ocasións, «ter auga na casa con simplemente abrir unha billa representa un dos avances máis importantes do benestar de calquera sociedade. E esta xente conseguiuno por méritos propios, autoorganizándose, traballando arreo sábados, domingos e festivos. É de admirar como aquelas xentes, maiormente humildes e cunha formación moi básica, foran quen de tomar a iniciativa, unirse e emerxer naquela sociedade gobernada por unha administración franquista anquilosada, corrupta, que alimentaba caciques e que vivía os seus últimos anos».

En xullo de 2018 se fixo unha merecida homenaxe aos 13 fundadores da Traída de Augas Meira – A Torre

A comunidade de aguas preparou en xullo de 2018 unha merecida homenaxe aos 13 fundadores da Traída de Augas de Meira – A Torre. 

A TRAIDA DE AUGAS DE MEIRA - A TORRE

A traída foi sen dúbida un dos proxectos máis importantes das súas vidas e sempre se sentiron moi orgullosos de ter impulsado unha infraestrutura indispensable para mellorar a calidade de vida da xente.

Iso sí, con todo non foi un camiño de rosas porque tiveron que enfrontarse a oposición dos regantes que pensaban que o proxecto podía afectar aos seus cultivos e que presentaron varias demandas xudiciais. Finalmente a xustiza deulle a razón aos impulsores da traída porque quedou probado que había recurso suficiente para o regadío e para o uso doméstico pero tras aqueles problemas se forxaron enemistades que en moitos casos se prolongaron de por vida.

No acto de homenaxe interviu Manuel Currás «Roque», o único dos 13 fundadores que aínda está vivo. Falou sobre a ampliación da traída que houbo que facer uns 10-15 anos despois da súa posta en marcha debido ao aumento da demanda e como implicou a busca de novos mananciais, a construción dun novo depósito e a ampliación da rede.

A TRAIDA DE AUGAS DE MEIRA - A TORRE
Interior dun dos depósitos da traída cunha capacidade para 150 metros cúbicos.

A continuación Pepe Sequeiros informou doutras obras de mellora que se tiveron que facer nos mananciais de Escada, Fontelugosa e Fonteluceira, que foron baldeados con auga a presión, alicatados con azulexo na súa parte interior e pintados exteriormente e tamén se colocaron valados para evitar o acceso de animais e se melloraron as caídas de augas exteriores.

A TRAIDA DE AUGAS DE MEIRA - A TORRE
Areeiro dos Teixugos situado preto da mina de Fonteluceira e no que se colocaron uns valados para impedir o acceso aos animais.

En total a traída de augas conta cunha rede de 9 kilómetros, entre os 3 de distribución e os 6 de baixada dende o monte, que sempre hai que poñer a punto polo que a comunidade terá que seguir acometendo as obras necesarias de mantemento e mellora nos anos vindeiros.

A día de hoxe, a Traída de Augas de Meira – A Torre abastécese de 15 mananciais entre os que destaca o de Fonteluceira

A traída abastécese hoxe en día de 15 mananciais e areeiros (arquetas onde se concentran as augas dos mananciais e se filtran), todos mellorados e en perfecto funcionamento.

A TRAIDA DE AUGAS DE MEIRA - A TORRE
Filtros da estación de depuración e cloración situada no recinto da Torre.

Entre eles, consta unha mina visitable na zona baixa de Fonteluceira, que mide 35 metros e que foi construida entre finais do século XIX e principios do XX por un portugués.

Este manancial de Fonteluceira é un dos máis curiosos da traída porque ademais de contar cunha mina na súa parte baixa, é o manancial máis grande, con moito caudal por iso antigamente as súas augas eran as destinadas para os regantes. 

A Traída de Augas de Meira – A Torre aparece no documental “A auga que trouxeron”, dirixido por Beatriz Vázquez Campaña 

En decembro de 2022 estreouse un documental que inmortaliza a historia e tradición das traídas de aguas comunais en distintos puntos de Galicia, como por exemplo as da vila moañesa, que dan servizo a moitos barrios do rural e das parroquias de Meira e Domaio.

“A auga que trouxeron” é un documental que construe un relato sobre a realidade das traídas veciñais de agua, un sistema que xurdiu como resultado dun proceso histórico onde os veciños xogaron un papel importante. “En moitos casos foron os propios veciños os que as construíron, financiaron e xestionaron”, apuntaba o por aquel entón concelleiro de Medio Ambiente, Odilo Barreiro. 

No documental interveñen varios integrantes ou fundadores de traídas moañesas como o propio Pepe Sequeiros, da traída de A Torre, en Meira.

O modelo de traída veciñal ofreceu un sistema de abastecemento autónomo adaptado ao modelo territorial dunha Galicia caracterizada pola dispersión poblacional e o documental representa “unha mirada ao pasado para recoñecer o esforzo colectivo que significou levar o agua as casas nunha Galicia rural sen servizos garantizados”.

Óscar Rodríguez Martínez
Presidente A Illa dos Ratos en | + artigos

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.