A ILLA DOS RATOS REALIZARÁ 13 RUTAS GUIADAS GRATUÍTAS NO VERÁN DE 2025 EN CANGAS
Unha vez máis propoñémosvos unha maneira amena e didáctica de coñecer o noso entorno a través das nosas rutas guiadas en Cangas para o verán de 2025, unha alternativa de ocio para compartir o tempo de lecer en boa compañía.
Nesta ocasión presentámosvos unha serie de rutas guiadas baixo o título «Verán en ruta 2025», un programa de 13 rutas que organizamos en colaboración co Concello de Cangas.
Coma sempre as nosos rutas son totalmente gratuítas pero ao finalizar os percorridos, @s nos@s guías ofrecerán aos asistentes a posibilidade de facer unha colaboración simbólica e voluntaria a favor da nosa asociación que empregaremos para a realización doutros proxectos.
A décima edición de «Verán en ruta» constará de trece percorridos, incluída unha nova ruta titulada «As terras de Coiro, agro e cultura»
Para que os nosos asistentes poidan coñecer Cangas desde diversos puntos de vista, deseñamos un programa moi completo que constará de trece rutas, dez diferentes, entre as que estará unha gran novidade. «As terras de Coiro, agro e cultura«, unha ruta na que visitaremos a casa do escultor Henrique Prado Miranda onde ten expostas varias das súas obras e tamén o «Verxel de Coiro», unha explotación de agricultura ecolóxica onde a súa impulsora, Cris, nos mostrará os diferentes cultivos e os coidados e técnicas que emprega para obter unha colleita de calidade.
Podedes consultar as características de cada ruta nestes enlaces directos a nosa web:
«Aldán un condado á beira do mar»
«Cangas 1617, a defensa da vila«
Por cortesía de The Graphics Project os asistentes as nosas rutas de verán entrarán no sorteo dunhas gafas deseñadas pola canguesa Alba Antepazo
Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada
Coma sempre os interesados deben inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53 indicando un nome completo, a ruta e o número de persoas que desexan asistir.
Nun principio teremos un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas, habilitaremos as correspondentes listas de espera que xestionaremos de forma activa.

VÉN DE RUTA COS RATOS ¡¡¡
Óscar Rodríguez Martínez
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/es/author/oscar/09/02/2021
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/es/author/oscar/11/02/2021
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/es/author/oscar/11/02/2021
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/es/author/oscar/12/02/2021



Leave a Reply