A ILLA DOS RATOS REALIZARÁ 12 RUTAS GUIADAS GRATUÍTAS NA PRIMAVERA DE 2025 EN CANGAS
Unha vez máis propoñémosvos unha maneira amena e didáctica de coñecer o noso entorno a través das nosas rutas guiadas por Cangas para a primavera de 2025, unha alternativa de ocio para compartir o tempo de lecer en boa compañía.
Nesta ocasión presentámosvos unha serie de rutas guiadas baixo o título «Primavera en ruta 2025», un programa que estará composto por 12 rutas que organizamos en colaboración co Concello de Cangas.
Coma sempre as nosos rutas son totalmente gratuítas pero ao finalizar os percorridos, @s nos@s guías ofrecerán aos asistentes a posibilidade de facer unha colaboración simbólica e voluntaria a favor da nosa asociación que empregaremos para a realización doutros proxectos.
«Primavera en ruta 2025» constará de doce percorridos diferentes por Cangas, entre os que repetiremos a nova ruta que estreamos este ano titulada «As esculturas de Cangas»
Para que os nosos asistentes poidan coñecer Cangas desde diversos puntos de vista, deseñamos un programa moi completo que constará de doce rutas, nove diferentes, entre as que estará a gran novidade deste 2025, «As esculturas de Cangas«, unha ruta na que coñeceremos detalles interesantes dalgunhas das esculturas que forman parte das nosas rúas e que empregaremos como fío condutor para coñecer a historia do pobo.
Podedes consultar as características de cada ruta nestes enlaces directos a nosa web:
«Cangas 1617, a defensa da vila«
«Aldán un condado á beira do mar»
Por cortesía de Pink Souba Clothing os asistentes as nosas rutas de primavera poderán beneficiarse dun 10% de desconto presentando un flyer que entregaremos ao rematar as rutas.
Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada
Coma sempre os interesados deben inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53 indicando un nome completo, a ruta e o número de persoas que desexan asistir.
Nun principio teremos un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas, habilitaremos as correspondentes listas de espera que xestionaremos de forma activa.
VÉN DE RUTA COS RATOS ¡¡¡
Óscar Rodríguez Martínez
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/es/author/oscar/09/02/2021
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/es/author/oscar/11/02/2021
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/es/author/oscar/11/02/2021
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/es/author/oscar/12/02/2021
Leave a Reply