RECOÑECER BUEU NO VERÁN DE 2025 

Texto elaborado por Óscar Rodríguez Martínez, socio de A Illa dos Ratos. 

Logo de nove anos de actividade con máis de 850 rutas realizadas e superados os 24.000 asistentes, co programa de rutas guiadas en Bueu será o primeiro verán no que faremos rutas nos tres concellos do Morrazo.

As cinco rutas deste verán son posibles grazas a colaboración entre o Concello de Bueu e a Asociación A Illa dos Ratos, que durante este ano acordamos organizar “Recoñecer Bueu 2025, un programa de nove rutas guiadas gratuitas coa idea de poñer en valor a historia e a cultura dalgúns espazos da vila.

RUTAS GUIADAS EN BUEU
A presentación de «Recoñecer Bueu no verán 2025» tivo lugar o xoves 26 de xuño.

«Recoñecer Bueu no verán 2025» a través de cinco rutas guiadas en Bueu

O obxectivo das rutas será que os asistentes coñezades dun xeito ameno e didáctico algúns dos lugares máis importantes e fermosos de Bueu, resaltando os seus valores naturais, culturais e etnográficos. 

RUTAS GUIADAS EN BUEU

Na ruta «Senda Litoral de Bueu (I): De Beluso a Tuia« partiremos do Porto de Beluso, onde reflexionaremos sobre o impacto ambiental que tivo a construción do seu dique dende o ano 2001, e continuaremos coñecendo aspectos interesantes da antiga salgadura de A Roiba e da Casa Molezún, unha edificación icónica da zona que cando a marea está alta semella emerxer do mar.

RUTAS GUIADAS EN BUEU

O fermoso camiño costeiro que nos levará ata a praia de Tuia nos agasallará con impresionantes vistas do arquipélago de Ons e gozaremos coa gran riqueza natural do entorno, principal protagonista durante todo o noso camiñar.

A segunda ruta prevista será «Ermelo, o berce do Morrazo« na que faremos unha viaxe no tempo para coñecer a relevancia histórica dese núcleo poboacional do que xa no Concilio II de Braga, aló polo ano 572, se falaba como o “berce do Morrazo”.

Tras varios séculos de esplendor, o seu importante mosteiro foi entrando en declive debido a diversas circunstancias como o escaso número de habitantes, a marcha dos monxes beneditinos que atendían o mosteiro, ou a eclosión das outras parroquias da nosa contorna.

En “Massó, a orixe” contaremos a historia da conserveira Massó e das diferentes xeracións que se encargaron de coller o relevo de Salvador Massó Palau, que chegara a Bueu en 1816. Poremos especial atención a evolución das súas actividades industriais, primeiro de salgadura no «Almacén do Rei» e logo da conserva en «La Perfección» e na moderna fábrica de Bueu inaugurada en 1926 e pechada en 1992.

Tamén haberá tempo para curiosidades e anécdotas: como era o  día a día das traballadoras, as súas ocupacións e preocupacións e a importancia que tivo a actividade conserveira para a súa incorporación ao mundo laboral.

Finalmente, a ruta «Intermareal de Agrelo« será guiada pola oceanógrafa e educadora ambiental Lucía Sotelo e percorrerá o entorno natural no que se atopan as praias de Loureiro, Agrelo e Portomaior, un espazo con gran biodiversidade e riqueza natural.

Visitaremos as pozas da zona intermareal da praia de Agrelo para observar a flora e a fauna mariña que vive nelas e que ten que adaptarse cada día ás condicións cambiantes que se producen cando sobe e baixa a marea. Trátase dunha ruta moi interactiva na que se poderán ver e tocar diferentes especies como os ourizos, os tomates de mar ou algunha estrelamar.

Por cortesía de The Graphics Project os asistentes as nosas rutas de verán entrarán no sorteo dunhas gafas deseñadas pola canguesa Alba Antepazo

Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada 

Os interesados deben inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53 indicando un nome completo, a ruta e o número de persoas que desexan asistir.

Nun principio teremos un límite de 35 prazas por ruta e unha vez sexan completadas, habilitaremos as correspondentes listas de espera que xestionaremos de forma activa.

Coma sempre as nosas rutas son totalmente gratuítas pero ao finalizar os percorridos, @s nos@s guías ofrecerán aos asistentes a posibilidade de facer unha colaboración simbólica e voluntaria a favor da nosa asociación que empregaremos para a realización doutros proxectos.

VÉN DE RUTA COS RATOS ¡¡¡

Óscar Rodríguez Martínez
Presidente A Illa dos Ratos en | + artigos

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.