E TI, ATACAS OU DEFENDES? ÚNETE Á DEFENSA DA VILA ¡¡¡

Texto elaborado por Óscar Rodríguez Martínez, socio da Asociación A Illa dos Ratos.

O 9 de decembro de 1617, un grupo de piratas turco berberiscos, a bordo de once navíos, atacan a florecente e próspera vila de Cangas, sementando as súas rúas de morte e destrución.

Este feito histórico, tan relevante como descoñecido entre moitos dos habitantes do pobo, é o piar no que se asenta a conmemoración histórica «A defensa da Vila – María Soliña», que o Concello de Cangas leva intentando consolidar dende fai varios anos para poñer en valor esta parte tan importante da nosa historia e desestacionalizar o turismo.

Despois das bases sentadas nos anos anteriores nos que participaron na preparación moitos dos colectivos culturais da vila, nesta edición a encargada da organización do evento que se desenvolverá os días 27, 28 e 29 de setembro será a A. C. A Defensa da Vila.

A programación prevista, que pode consultarse na web www.adefensadavila.com, inclúe a «Feira dos invasores 1617», xornadas culturais, actividades infantís e a habitual representación teatral polas rúas do centro da vila. Ademais, como en anos anteriores está previsto que participen realizando actuacións e pasarrúas diversos colectivos como A.C Peis d´hos, A.C Lembranzas da Ría, A.C.F Tromentelo, Grupo de Danzas Pais de San Roque, Lume de Karoso, Ameaça de bombo ou a A.C María Soliña.

A Illa dos Ratos vai realizar unha actividade de animación infantil e unha ruta guiada

O sábado 28 de setembro a partir das 17:30h dende a Asociación A Illa dos Ratos será a encargada de facer a actividade de animación para nen@s que vai a celebrar fronte a Casa da Bola.

Haberá un obradoiro de escudos, outro de personaxes divertidos e tamén maquillaxe, globoflexia, xogos e moitas sorpresas máis, e para rematar a tarde sortearemos varios almorzos bufete no Hostal e Apartamentos Rodeiramar 2A, viaxes as Illas Cíes, Ons e San Simón cortesía de Naviera Nabia, pases para o Club Termal do Spa Bienestar de Moaña, vales de compra cortesía de Fecimo – Comercio do Morrazo e prendas de roupa da marca canguesa Pink Souba Clothing.

O domingo 29 a partir das 10:30 levaremos a cabo a ruta «Cangas 1617, A defensa da Vila«. Para asistir é necesario realizar unha inscrición previa por whasap no 611080853. 

O colofón final será a representación teatral de Teatro de Ningures, o domingo a partir das 20:00h polas rúas de Cangas

Dende A Illa dos Ratos queremos felicitar a todos os colectivos e persoas que traballaron para que este evento poda celebrase un ano máis, e queremos poñer en valor especialmente o traballo e dedicación de Nico Avilés e Fran Graña, impulsores da Asociación Cultural A Defensa da Vila.

Óscar Rodríguez Martínez
Presidente A Illa dos Ratos en | + artigos

One Comment

  1. Carmen Piñeiro Rodríguez

    Interesante artículo. Estoy esperando la ruta del domingo en la que seguro voy a descubrir muchas cosas que no sé de las calles e historia de mi pueblo. Gracias Óscar

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.