UN DÍA PARA TOMAR CONCIENCIA DUN GRAVE PROBLEMA

Texto elaborado por Lucía Sotelo Nogueira, socia de A Illa dos Ratos e educadora ambiental.

«Se os océanos da nosa Terra morreran — isto é, se, dalgún modo, a vida de súpeto desaparecera—, sería a máis formidable, pero tamén a máis definitiva, das catástrofes na Historia atormentada do home e dos demais animais que con el comparten este planeta».

Jacques Cousteau, oceanógrafo.

O Día Mundial dos Océanos celébrase oficialmente cada 8 de xuño desde 2008

Foi no cumio da Terra de Río de Janeiro de 1992 cando se decidiu crear o Día Mundial dos Océanos, aínda que ata 16 anos despois non se declarou oficialmente.

Esa cita foi moi importante para comezar a falar de sostibilidade e da protección do noso medio ambiente, pero tamén o foi porque Jacques Cousteau, o lendario explorador, amante da natureza e oceanógrafo francés pediu aos líderes que recoñeceran o dereito das xeracións futuras a gozar dun planeta non contaminado, responsabilidades que a ONU acabou recoñecendo oficialmente.

Así, o Día Mundial dos Océanos celébrase cada 8 de xuño co propósito de concienciar a nivel global sobre a importancia dos océanos na nosa vida cotiá.

Os océanos cobren máis do 70% da superficie da Terra e desempeñan un papel crucial na regulación do clima e na xeración de oxíxeno

Os océanos desempeñan un papel crucial na regulación do clima e na xeración de oxíxeno (producen máis do 50% do oxíxeno do planeta) e é a principal fonte de proteínas para máis de mil millóns de persoas en todo o mundo; ademais de albergar a maior parte da biodiversidade da Terra.

Un dos maiores desafíos aos que se enfrontan os océanos na actualidade é a contaminación. O lixo plástico, os verquidos de produtos químicos e a sobre pesca son só algúns dos problemas que ameazan a saúde dos nosos mares.

O Día Mundial dos Océanos invítanos a reflexionar sobre como as nosas accións cotiás impactan nos ecosistemas mariños e motívanos a tomar medidas para protexelos.

A Illa dos Ratos, FECIMO – Comercio do Morrazo, Confraría de Pescadores San Xosé de Cangas e Buceo Rías Baixas unímonos para realizar unhas xornadas de concienciación en Cangas

O fin de semana do sábado 8 e 9 de xuño organizaremos unhas xornadas que pretenden educar e inspirar aos asistentes e que teñen como obxectivo que acabemos reducindo nosa dependencia do plástico, obtendo un cambio de comportamento duradeiro.

Sabemos que as limpezas non son a solución, pero crean un pulo, aumentan a conciencia e a presión para que gobernos e empresas tomen medidas.

O sábado 8 de xuño ás 10:30 h terá lugar na dársena do Porto de Cangas unha limpeza submarina na que participarán membros de Buceo Rías Baixas e algúns dos buzos profesionais dedicados habitualmente á extracción da navalla, neste caso convocados pola Confraría de Pescadores San Xosé de Cangas. Os voluntarios que desexen participar ese día so teñen que presentarse no lugar e poderán axudar tanto no momento da subida do lixo recollido no fondo mariño como na súa posterior clasificación. 

O domingo 9 ás 10:30h comezará a nosa actividade de concienciación medioambiental e recollida selectiva de lixo mariño na superficie da praia de Rodeira.

Logo dunha pequena charla informativa de divulgación medioambiental, os nosos monitores organizarán aos voluntarios en varios grupos aos que se lles asignará unha parte concreta da praia e quedarán a cargo dun coordinador de zona. 

Entregaremos gorras cedidas pola Confraría de Pescadores San Xosé e camisetas de Pintunova Cangas. Ademais, para fomentar a participación, ao final do evento de Rodeira procederase ao sorteo de varios premios entre os participantes:

Vos invitamos e animamos a participar neste evento co que non buscamos realizar unha limpeza profunda do areal de Rodeira e de la dársena del Porto de Cangas, sino que todos tomemos conciencia da delicada situación dos nosos océanos e como dicimos en moitas das nosas rutas, “aínda que pareza que un único individuo non pode solucionalo, si que pode poñer o seu pequeno granciño de area para mellorar a situación do noso planeta”.

FOTOGRAFÍAS DE ACTIVIDADES REALIZADAS EN ANOS ANTERIORES
Lucia Sotelo Nogueira
+ artigos

Socia fundadora da Asociación A Illa dos Ratos.

Licenciada en Ciencias do Mar pola Universidade de Vigo.

Educadora ambiental.

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.