cartaz dia mundial dos oceanos 2018Con motivo do Día Mundial dos Océanos faremos unha RECOLLIDA de LIXO MARIÑO na praia de Rodeira. Só tendes que traer as ganas. As luvas e as bolsas poñémolas nós; xunto cunha pequena actividade de concienciación sobre a importancia das dunas e o impacto dos plásticos.

LIMPEMOS OS NOSOS OCÉANOS!

O día Mundial dos Océanos serve para lembrar o importante papel que xogan os océanos na nosa vida, concienciar á opinión pública sobre as consecuencias que a actividade humana ten para os océanos e poñer en marcha un movemento mundial a favor deles. Este ano o lema do Día Mundial é “limpemos os nosos océanos” e xira entorno a iniciativas para previr a contaminación por plástico.

Con esta actividade ambiental pretendemos aumentar o coñecemento sobre o medio litoral, as especies que nel viven e a empatía cara os seres vivos que ven afectado o seu medio de vida polo impacto do home, e posteriormente reafirmar estes novos coñecementos e actitudes positivas organizando unha recollida de plásticos e lixo mariño na Praia de Rodeira que evidenciará o que normalmente pasa desapercibido: o impacto que temos os humanos nun medio tan importante como o mariño.

As actividades comezarán ás 11:00 no comezo da praia de Rodeira onde instalaremos dúas carpas con información, xusto ao lado do aparcadoiro. Faremos unhas pequenas explicacións sobre o impacto dos plásticos e camiñaremos cara ao final da praia para facer unha pequena explicación da importancia das dunas e as especies que nela viven.

Posteriormente, e por grupos, comezaremos a recollida de lixo e o rexistro dos datos dos residuos que imos atopando para colaborar así coa Asociación Ambiente Europeo e o seu proxecto International Coastal Cleanup.

Ao final da xornada faremos unha valoración e a fotiño final.
Estades todos convidados a vir a colaborar por uns océanos libres de plásticos!!!

RECOMENDACIÓNS:

  • Traer roupa e calzado cómodos
  • Poñerse protector solar e gorra
  • Hidratarse continuamente
Redacción A Illa dos Ratos
+ artigos

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.