A ILLA DOS RATOS REALIZARÁ 9 RUTAS GUIADAS GRATUÍTAS EN MOAÑA NO OUTONO DE 2025
Unha vez máis propoñémosvos unha maneira amena e didáctica de coñecer o noso entorno a través das nosas rutas guiadas en Moaña para o outono de 2025, unha alternativa de ocio para compartir o tempo de lecer en boa compañía.
Nesta ocasión presentámosvos unha serie de rutas guiadas baixo o título “Descubre Moaña no outono 2025”, un programa de 9 rutas que organizamos en colaboración co Concello de Moaña.
Coma sempre as nosos rutas son totalmente gratuítas pero ao finalizar os percorridos, @s nos@s guías ofrecerán aos asistentes a posibilidade de facer unha colaboración simbólica e voluntaria a favor da nosa asociación que empregaremos para a realización doutros proxectos.
“Descubre Moaña no outono 2025” constará de nove rutas, incluída a novidade que incorporamos este ano, o percorrido titulado “O mar de Meira: da pesca tradicional ás traiñeiras”
Para que os nosos asistentes poidan coñecer Moaña desde diversos puntos de vista, deseñamos un programa moi completo que constará de nove percorridos, entre as que estará a gran novidade deste ano, “O mar de Meira“, unha ruta na que logo de facer un repaso da evolución da pesca tradicional ata a chegada das traiñeiras e o seu uso deportivo, visitaremos as instalacións do club de remo S.D Samertolameu.
Podedes consultar as características de cada ruta nestes enlaces directos a nosa web:
“Sendeiro do Río do Barranco do Faro“
“Mulleres da historia de Moaña“
“Canteiras do litoral de Moaña“

Por cortesía de Óptica Studio os asistentes as nosas rutas de outono poderán beneficiarse dun desconto do 35% en gafas de sol nas súas tendas de Cangas e Vigo, simplemente mostrando a mensaxe de confirmación de inscrición
Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada
Coma sempre os interesados deben inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53 indicando un nome completo, a ruta e o número de persoas que desexan asistir.
Nun principio teremos un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas, habilitaremos as correspondentes listas de espera que xestionaremos de forma activa.

VÉN DE RUTA COS RATOS ¡¡¡
Óscar Rodríguez Martínez
Socio fundador de A Illa dos Ratos.
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/02/06/2020
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/22/07/2020


Deixa a túa resposta