DOÑA ASUNCIÓN: A MESTRA DE COIRO

Texto elaborado por Sara Ruth Pombal Lagoa. Socia de A Illa dos Ratos.

Rúa Alfredo Saralegui, 28 en Cangas. Teléfono 986 30 09 23 / 699 09 39 90.

As mestras e mestres sempre foron un piar moi importante da sociedade dende séculos pasados. Xa na antiga Grecia, Roma ou na Idade Media, podemos destacar a Platón, Aristóteles ou Quintiliano, que se preocupaban da educación dos máis pequenos.

Todos eles serviron de base para o desenvolvemento das principais correntes pedagóxicas e as seguintes xeracións de mestres que estaban por vir. 

Deste xeito, no 1913, unha rapaza chamada Obdulia Asunción Pacheco Navas decidiu seguir este camiño para conseguir o título de ‘Mestra de Primeira Ensinanza Superior’. Coa súa formación superada xa podía exercer, así que, no ano 1915 decidiu opositar. Elixiu presentarse aquí en Galicia para estar preto do seu irmán, pois non lle quedaba familia en Zamora, a súa provincia de orixe.

Dª Asunción Pacheco foi a máxima expoñente da educación feminina na parroquia de Coiro pois foi a primeira mestra da escola pública

Participou nas Oposicións á Escola de Nenas na Sociedade Económica de Santiago de Compostela. Superado o exame e conseguida así a súa praza, comezou o seu servizo na Escola pública de nenas da parroquia de Coiro, en Cangas, onde ensinou a nenas de diferentes xeracións, durante 45 anos.

As súas alumnas recórdana como unha persoa firme, severa e moi seria, que viviu e ensinou en épocas moi diferentes como son unha monarquía, unha república e unha ditadura.

Cada unha destas épocas traía consigo ideoloxías moi diferentes. Por esta razón, entre outras, en agosto do 1936, co estoupido da Guerra Civil houbo unha gran represión no ensino. Foron moitos os mestres que se viron prexudicados. D.ª Asunción foi unha das mestras ás que se lle abriu unexpediente depurador para ser estudado o seu labor como docente. Esta tarefa ía da man da Comisión Depuradora de Maxisterio da provincia de Pontevedra.

Con isto, o que se quería conseguir era cambiar todos os costumes republicanos que se conseguiran, como o laicismo, a coeducación ou a innovación en métodos pedagóxicos.

Para estudar o caso de D.ª Asunción, fixéronse varios informes coas declaracións de diferentes persoas relacionadas con ela e co seu traballo. Algunhas destas persoas foron o párroco de Coiro (D. Manuel Vivero García), un pai de nenas da Escola (Jerónimo Gestido Miranda) ou o Delegado Civil de Cangas (Oscar Boán), entre outros.

Ao final, a resolución deste Informe da Comisión Depuradora, foi favorable para dona Asunción, que puido continuar o seu labor como mestra sen ningún tipo de represalias, a diferencia doutros mestres que tiveron que deixar o seu posto.

Xa na actualidade, varias das súas alumnas compartiron algunhas das súas lembranzas, recollidas no libro “Doña Asunción: A mestra de Coiro do Século XX”, editado pola A.C. A Cepa e a A.C. Cacarexo para conmemorar o centenario da súa chegada a terras canguesas. Nel podemos atopar, a maiores, datos biográficos, fotos, informes…

E nalgunhas destas lembranzas, como as de María Isabel Barreiro Germade. lembra que daquela asistían á clase de mañá e tarde en horario partido, de luns a sábado. Só se descansaba o xoves pola tarde e o domingo.

Neste horario lectivo, ademais de ensinar o estipulado, como os Libros do Silabario, o Catón, o Padre Amigo (Lecturas), “cartillas”, táboas de multiplicar, Manuscrito… polas mañás había que poñerse en pé e levantar o brazo dereito para dar os bos días e cantar a ‘canción de rigor’.

Doña Asunción foi unha pioneira que mostrou o camiño a seguir a outras mulleres que querían ser mestras

D.ª Asunción, foi pioneira na súa época, facéndose camiño nunha profesión aínda liderada polos homes, xa que foi a primeira mestra da Escola Pública do Centro Cultural e presidenta do “Corazón de Jesús”.

Por outra banda, polas noites tamén ensinaba nunha escola privada e promoveu diferentes recollidas solidarias. Unha delas para a creación da Cidade Universidade e Hospital Clínico de Santiago, na que conseguiu que o seu alumnado aportara 5,50 pesetas cada un. Todo un diñeiral para os tempos que corrían.

Queda claro que dedicou toda a súa vida á ensinanza, poñendo todos os seus coñecementos e habilidades a disposición dos máis cativos e das súas familias. Facendo así de ponte entre a cultura e o seu alumnado.

Foi por todo isto que se gañou o aprecio e respeto dos veciños e veciñas de Coiro ata o punto de que a mestra convertiuse na madriña de varias das fillas das súas alumnas e incluso foron bautizadas co seu nome, por isto en Coiro hai tantas mulleres que levan o nome de Asunción.

Tras unha vida adicada o ensino, D. Asunción recibiu o “Lazo da Orde Civil de Alfonso X O Sabio” 

Mestras de Cangas con D. Asunción sentada a primeira pola dereita.

Xubilouse de forma forzosa aos 70 anos, en 1961, cadrando co Día do Mestre, San Xosé de Calasanz. Nese día celebrouse unha misa e os Mestres de Cangas, D. Timoteo García Álvarez e D. Manuel Hermida García, organizáronlle un xantar de Irmandade para despedila por todo o alto. 

Xa xubilada, recibe o“ Lazo da Orde Civil de Alfonso X O Sabio” (1978) como premio polos seus méritos conseguidos no campo da educación e a docencia.

Lazo da Orde Civil de Alfonso X O Sabio.

E dous anos despois, o 26 de marzo de 1980, falece en Coiro aos 88 anos de idade, deixando un gran legado histórico.

Sara Ruth Pombal Lagoa
+ artigos

Socia de A Illa dos Ratos

Un comentario

  1. Roberto G B

    Esta claro que foron unhas epocas dificiles.
    Contame miña nai de 84 anos que foi a sua alumna.
    O que mais en memoria lle quedou foi precisamente o ben e o facil e con que destreza manexaba a vara.
    Conta con nomes propios como unha compañeira lle levou a peticion da propia mestra unhas varas novas, e de que forma esa mesma rapaza estrenou a vara. Asi como nunha ocasion tamen apañou ela (a miña nai) por un ataque de risa involuntario por unha situacion vivida na aula.

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.