COÑEZAMOS E LIMPEMOS A PRAIA DE RODEIRA 2022
Texto elaborado por Óscar Rodríguez Martínez, socio de A Illa dos Ratos.

O excesivo uso de plásticos por parte do ser humano está tendo unhas graves consecuencias sobre a saúde do planeta e sobre a vida mariña.
O próximo domingo 5 de Xuño de 2022, con motivo do Dia Mundial do Medio Ambiente, varias entidades da vila (Comercio do Morrazo – Fecimo, Hostal e Apartamentos Rodeiramar 2A, Dani Marcos Fotografía, Eroski Cangas e o Concello de Cangas) queremos poñer o noso graniño de area facendo unha actividade divulgativa con recollida de lixo mariño na praia de Rodeira á que vos invitamos a participar.
A actividade comezará ás 10:30 no punto de encontro, unha carpa que montaremos no aparcamento da praia de Rodeira
Como xa fixeramos en limpezas anteriores, como a organizada o 1 de maio do 2019, tras unha pequena exposición na que incidiremos sobre diferentes aspectos relacionados con este problema e as súas consecuencias no medio ambiente, organizaremos aos asistentes en diferentes grupos e asignaráselles unha determinada zona da praia.
Ao finalizar a recollida analizaremos que tipo de lixo mariño atopamos e faremos unha pesaxe do total recollido.

Finalmente sacaremos unha foto de grupo e procederemos a sortear entre os participantes unha viaxe en veleiro e seis almorzos dobres cortesía do Hostal e Apartamentos Rodeiramar 2A, 4 vales de compra de 50 euros cortesía de Fecimo – Comercio do Morrazo e 3 macetas ecolóxicas cortesía da “Casa das Plantas” e Dani Marcos Fotografía.
Non se require inscrición previa pero se estades interesados en asistir podedes enviarnos un whasap ao 611 08 08 53 indicándonos cantos seriades e así poderemos calcular mellor as necesidades de material.
Por un mar e praias libres de lixo ¡¡¡

Redacción A Illa dos Ratos
-
Redacción A Illa dos Ratoshttps://ailladosratos.org/author/admin/05/02/2016
-
Redacción A Illa dos Ratoshttps://ailladosratos.org/author/admin/
-
Redacción A Illa dos Ratoshttps://ailladosratos.org/author/admin/26/06/2016
-
Redacción A Illa dos Ratoshttps://ailladosratos.org/author/admin/
Un comentario
A familia ratona seguiu medrando en 2022 » A Illa dos Ratos
[…] máis destacadas foron en xuño, cando coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente fixemos unha actividade de concienciación medioambiental e recollida de lixo mariño en Rodeira con máis de 150 […]