A pesca tradicional viuse afectada dende mediados do século XVIII pola chegada dos fomentadores cataláns primeiro e polos empresarios da conserva no abrente do século XX.
En ambos casos, os novos emprendedores trouxeron os seus propios métodos, embarcacións e artes de pesca, moito máis agresivas co entorno, provocando duros enfrontamentos entre os “xeiteiros”, defensores da pesca tradicional e os defensores da “traíña” que defendían unha pesca moito máis intensiva, que tiña como obxectivo a subministración de peixe para a nova industria.
Na chamada “Primeira Guerra da Sardiña”, figuras como Eugenio Sequeiros, Montero Ríos, Félix Ozámiz ou Alvaro Guitián, que hoxe lle prestan os seus nomes a algunhas das rúas de Cangas, posicionáronse no conflito do lado dos “xeiteiros”, xente humilde do pobo que tiña no mar a súa fonte de subsistencia e que loitou porque a nova industria non esquilmase os recursos da nosa ría, como xa ocorrera uns anos antes na costa mediterránea. … Ler máis