Neste terceiro artigo sobre a toponimia urbana de Cangas trataremos de dar algunha explicación sobre algúns dos nomes do noso rueiro como Berbetaña, Píos, Retrama, Faixa, Derribo ou A Rúa. … Ler máis
Blog
Protexido: Sagrario Corral Ferreiro, a mestra da Escola de Massó
Non hai extracto porque este é un artigo protexido.
Grandes naufraxios na costa de Cangas (II)
Este texto se enmarca dentro dunha serie de tres artigos escritos polo investigador Xerardo Dasairas nos que faremos un percorrido por algúns dos grandes naufraxios na costa de Cangas.
Nesta segunda entrega recordaremos outros naufraxios como o do Valparaíso (1887), o do Cap Roca (1905), o do Varonese (1907) ou o do Southern Cross (1909) que converteron A Borneira no punto negro da Ría de Vigo. … Ler máis
O Latón, o Portugal de Moaña
O barrio moañés de O Latón creceu grazas á chegada masiva de portugueses que viñan a traballar nas canteiras que existían en Meira durante a primeira metade do século XX e das que se sacou a pedra para os recheos da zona de Vigo máis próxima ao mar. … Ler máis
Protexido: CANGUEIRAS (II): Lara Boubeta Bamio
Non hai extracto porque este é un artigo protexido.
A liga de agricultores de Cangas (I)
A Liga de Agricultores de Cangas foi un proxecto impulsado en 1899 por Eugenio Sequeiros Matos co obxectivo de asociar aos propietarios de fincas e aos agricultores, apelando á solidariedade de todos os compoñentes e amantes do progreso agrícola, fomentando a defensa dos seus intereses materiais e morais.
Neste primeiro artigo, elaborado polo investigador Xerardo Dasairas Balsa, coñeceremos a súa importancia no eido agrario e falaremos da súa evolución, resaltando o seu carácter pioneiro na intervención no campo político mentres o resto das sociedades agrarias canguesas aínda se mantiveron durante anos centradas no seu carácter mutualista e asistencial antes de evolucionar cara o sindicalismo na época republicana. … Ler máis
As Xulianas, a saga de poxadoras de Bueu (II)
Neste segundo artigo o investigador e divulgador José Manuel Dopazo Entenza nos conta detalles interesantes das últimas representantes desta importante saga de poxadoras de Bueu e remata facendo unha reflexión sobre a necesidade de poñer en valor o seu labor e de darlles o recoñecemento que merecen pola súa relevancia na historia da nosa vila, xa que sen elas non se podería entender o desenvolvemento pesqueiro e industrial do Bueu do século XIX e XX. … Ler máis
ASCON e os buques conxeladores de PESCANOVA
No ano 1961 unha incipiente PESCANOVA encárgalle a un pequeno e descoñecido estaleiro de Moaña, ASCON, a construción dos primeiros buques conxeladores da flota pesqueira española.
Este feito supuxo un gran pulo para o crecemento de ASCON pero tamén fixo que fose PESCANOVA quen capitanease a gran revolución alimentaria daquela época xa que ao poder procesar a bordo as capturas, envasalas e almacenalas inmediatamente a baixas temperaturas, puido presentar ao mercado unha alternativa de calidade ao peixe fresco que se consumía habitualmente. … Ler máis
Os canzorros da igrexa de San Martiño
Neste artigo trataremos de propoñer posibles interpretacións para algúns dos canzorros máis curiosos da fachada sur dunha das máis fermosas igrexas románicas do Morrazo, a de San Martiño de Moaña (s. XII). … Ler máis
A liga de agricultores de Cangas (II)
Neste segundo artigo que adicamos a Liga de Agricultores de Cangas analizaremos o contido do seu regulamento, elaborado meticulosamente por Eugenio Sequeiros Matos e o seu irmán Xosé como asesor xurídico.
… Ler máis
Talasonimia de Cangas (II)
Neste segundo artigo adicado á talasonimia de Cangas, escrita polo investigador Xerardo Dasairas, faremos un percorrido pola toponimia costeira da vila dende Punta Corveiro ata a Ensenada de Aldán, pasando por Cabo Home e Punta Couso. … Ler máis
As Xulianas, a saga de poxadoras de Bueu (I)
Neste artigo titulado “As Xulianas, unha saga de poxadoras de Bueu” o investigador e divulgador José Manuel Dopazo Entenza nos fala da importancia destas mulleres que son parte da historia de Bueu tanto pola súa singularidade como polo seu legado, un labor que merece ser coñecido e posto en valor.
No pobo non hai mariñeiro xubilado ou activo que non lembre ou escoitase falar dalgunha destas poxadoras, e sen elas non se podería entender o desenvolvemento pesqueiro e industrial do Bueu do século XIX e XX. … Ler máis
Toponimia urbana de Cangas (II)
A toponimia ten en Galicia unha importancia relevante pois cóntanse por miles as denominacións dos lugares debido ao minifundismo territorial. No caso dos topónimos maiores, aínda que se detectan erros subsanables, o asunto normativo está bastante resolto.
Non acontece o mesmo coa microtoponimia e con algúns nomes de rueiros urbanos ou urbanizados cuxa procedencia resulta difícil de elucidar por falta de referencias e documentación.
Neste artigo trataremos de aportar luz a toponimia urbana de Cangas. … Ler máis
O proceso da caza da balea (II)
A actividade baleeira era moi rendible xa que a súa pesca non provocaba moitos custos e dun só exemplar de balea ou cachalote obtíñase moita cantidade de diversos produtos. Nesta artigo falaremos do proceso de despece e dos diferentes productos que se obtiñan. … Ler máis
Talasonimia de Cangas (I)
Os talasónimos son os topónimos referentes aos accidentes xeográficos da costa e do mar próximo a ela.
Nunha serie de dous artigos do investigador Xerardo Dasairas faremos un percorrido pola talasonimia de Cangas, e descubriremos unha relación de topónimos chea de nomes que aluden a pedras no mar, somerxidas, semisomerxidas ou visibles, designadas segundo a súa morfoloxía, posición, superficie, uso…, a outros a baixos perigosos e a maioría designan accidentes costeiros como puntas, illas, praias… … Ler máis
A defensa da Vila – María Soliña 2025
O 9 de decembro de 1617, un grupo de piratas turco berberiscos, a bordo de once navíos, atacan a florecente e próspera vila de Cangas, sementando as súas rúas de morte e destrución.
Este feito histórico, tan relevante como descoñecido entre moitos dos habitantes do pobo, é o piar no que se asenta a Conmemoración histórica “A defensa da Vila – María Soliña”, que se celebrará os vindeiros 26, 27 e 28 de setembro de 2025 organizada por pola Asociación Cultural A Defensa da Vila, contando cunha gran implicación de moitas asociacións e colectivos do pobo. … Ler máis
Descubre Moaña no outono 2025
DESCUBRE MOAÑA 2025
Presentamos as rutas guiadas gratuitas que realizaremos neste outono de 2025 en colaboración co Concello de Moaña.
Nove rutas coas que trataremos de dar a coñecer e poñer en valor algúns dos recursos turísticos, etnográficos, culturais e naturais máis relevantes da nosa vila. … Ler máis
Rutas guiadas no Morrazo neste outono de 2025
Unha vez máis, os membros da Asociación A Illa dos Ratos volvemos con moita ilusión para presentarvos os nosos programas de rutas guiadas no Morrazo para o outono de 2025.
Serán un total de 18 rutas, agrupadas dentro dos programas “Outono en ruta 2025” e “Descubre Moaña no outono 2025” que realizaremos en colaboración cos Concellos de Cangas e Moaña, e nos que trataremos de dar a coñecer e poñer en valor algúns dos recursos turísticos, etnográficos, culturais e naturais máis relevantes da nosa contorna. … Ler máis
Rutas guiadas en Cangas para o outono de 2025
Unha vez máis, os membros da Asociación A Illa dos Ratos volvemos con moita ilusión para presentarvos os nosos programas de rutas guiadas en Cangas para o outono de 2025.
Serán un total de 9 rutas, agrupadas dentro do programa “Outono en ruta 2025” que realizaremos nesta ocasión en colaboración co Concello de Cangas, e no que trataremos de dar a coñecer e poñer en valor algúns dos recursos turísticos, etnográficos, culturais e naturais máis relevantes da nosa vila. … Ler máis
Grandes naufraxios na costa de Cangas (I)
Nunha serie de tres artigos escritos polo investigador Xerardo Dasairas faremos un percorrido por algúns dos grandes naufraxios na costa de Cangas .
Nesta primeira entrega recordaremos, entre outros, os casos da fragata francesa Hermine (1761) ou das fragatas inglesas HMS Stag (1800), HMS Júpiter (1808). … Ler máis