A POSTA EN VALOR DA ORIXE E A HISTORIA DE MOAÑA.

Texto elaborado por José Manuel González Pérez, Presidente da Asociación Moaña AntiQua.

A Asociación Moaña AntiQua constitúese como tal no ano 2018, tendo como principal labor o de contribuír ao estudo, a promoción e a difusión da historia do pobo de Moaña.

A agrupación foi creada por un reducido grupo de amigos que xa colaboraban co Concello de Moaña na organización de diversas actividades, sendo a máis destacada pola súa repercusión, a Festa Medieval de San Martiño, que se celebra a finais do mes de xuño, este ano 2021 o día 27, dende a súa primeira edición no verán do ano 2016.

MOAÑA ANTIQUA

Na primeira xuntanza dos socios fundadores, celebrada o 4 de abril de 2018, elixiuse a primeira Xunta Directiva: Ana Mora, presidenta; María Paredes, secretaria; Moncho García, tesoureiro.  

Coa creación da asociación as actividades que inicialmente eran de colaboración pasan a ser de organización xunto co Concello de Moaña na Festa Medieval de San Martiño, un evento que se centra na celebración dun mercado medieval na contorna da Igrexa de San Martiño, centro da orixe histórica da parroquia matriz de Moaña.

MOAÑA ANTIQUA

Ofértanse obradoiros para a rapazada (nos que ten colaborado a A Illa dos Ratos), actividades de animación de rúa, actividades de teatro, actuacións de grupos folclóricos e musicais.

MOAÑA ANTIQUA

Ademais organízanse exposicións sobre historia propia de Moaña, grazas á colaboración inestimable do historiador local Manuel Uxío García Barreiro, así como a difusión das súas investigacións.

MOAÑA ANTIQUA
O historiador Manuel Uxío, vestido cunha camiseta vermella con motivos medievais, na antiga reitoral de San Martiño durante unha das edicións da Festa Medieval Moaña AntiQua.

A mediados do ano 2019 integrase o grupo de Alfombristas de San Martiño dentro da Asociación Moaña AntiQua 

MOAÑA ANTIQUA

Os membros de Moaña AntiQua xa estaban a colaborar a título individual co grupo de alfombristas de San Martiño na confección das alfombras florais do Corpus na parroquia e, tras a súa integración na asociación, promoveuse a fundación da primeira Federación de Alfombristas de Galicia, xunto con outros colectivos históricos como a Asociación Cultural Alfombras de Bueu, e as de Ponteareas, Rianxo, Miño, Burela, etc.

MOAÑA ANTIQUA
Membros da Asociación Moaña AntiQua elaborando unha alfombra conmemorativa do Festival Intercéltico do Morrazo.

Este colectivo de alfombristas, con total autonomía dentro da Asociación Moaña AntiQua, ten realizado diversos tapetes, aparte dos propios do Corpus, para distintos eventos en Moaña, e tamén colabora coa Federación nos eventos organizados ao longo de toda Galicia.

Grazas a isto foi posible organizar o “I Foro virtual Internacional de alfombristas”, unha exposición dos traballos realizados pola Federación que percorreu todos os concellos con socios representados na propia Federación.

MOAÑA ANTIQUA

A Asociación Moaña AntiQua colaborou na celebración dos 180 anos da primeira Feira de Abelendo 

En outubro de 2019, coincidindo co 180 aniversario da celebración da primeira Feira de Moaña, que se celebraba no barrio de Abelendo, a Asociación Moaña AntiQua participou na organización dun evento para recordar a importancia histórica da Feira, xunto cunha exposición fotográfica da historia da mesma.

MOAÑA ANTIQUA
José Manuel, da Asociación Moaña AntiQua e Coral Ríos Santomé, concelleira de Promoción Económica e Turismo do Concello de Moaña.

Na actualidade a asociación segue inmersa no seu quefacer diario, colaborando con distintos colectivos e persoas na promoción de feiras e eventos que teñan que ver coa posta en valor, a difusión e divulgación da historia da parroquia histórica do Concello de Moaña.

Queremos agradecer a Asociación Moaña AntiQua a súa colaboración para este artigo, e tamén que contasen con nós en edicións anteriores da Feira Medieval de San Martiño, permitíndonos colaborar coa realización de actividades temáticas para a rapazada e a realización da nosa ruta guiada “San Martiño“.

José Manuel González Pérez

Presidente da Asociación Moaña AntiQua

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.