A ASOCIACIÓN DE MULLERES QUE DINAMIZA DOMAIO. 

Texto elaborado por Óscar Rodríguez Martínez, socio de A Illa dos Ratos a partir da información e fotografías facilitadas por Amalia Casás, presidenta da AAMM Poza da Moura.

Hoxe imos achegarvos a outro colectivo do Morrazo que traballa para dinamizar o seu entorno, concretamente a parroquia de Domaio en Moaña. Queremos agradecer á súa presidenta Amalia Casás a boa predisposición para elaborar este artigo.

A Asociación de Mulleres Poza da Moura comezou a súa andadura no ano 2001

A historia da Asociación de Mulleres Poza da Moura se iniciou o día 22 de Maio de 2001 cando un grupo de xubiladas da parroquia de Domaio deron o paso de crear unha entidade con intención de solicitar un espazo donde reunirse e facer actividades manuais mentres recordaban historias da súa infancia.

Algunhas desas mulleres que fundaron este colectivo eran Peregrina Ríos como presidenta e as súas compañeiras Carmen Regueira, Carmen Riobó, Nieves Otero, María Moreira e María Dios.

Xa no ano 2003 fóronse incorporando algunhas das mulleres que actualmente forman parte da asociación e varias delas ocupan cargos da xunta directiva actual.

Concretamente, Amalia Casás que é a presidenta, Mercedes De Matos é vicepresidenta, Rosaura Palmás é a secretaria e Maricarmen Solla se encarga da tesourería. Tamén contan coas vogais Carmen Lago, Elvira González xa que a outra compañeira que ocupaba este cargo, chamada Laura Almuiña,  faleceu lamentablemente no mes de setembro de 2020.

A xunta directiva da asociación: Laura Almuíña, Elvira González, Carmen Lago, Maricarmen Solla, Amalia Casás e Rosaura Palmás.

A Asociación de Mulleres Poza da Moura organizou moitas actividades ao longo destes 20 anos, sobre todo no Centro Cultural Rosalía de Castro onde se reúnen habitualmente e levan a cabo gran parte das súas actividades.

Charlas, obradoiros  e clases de diversas actividades físicas que se impulsaron tanto para as socias do colectivo como para os veciñas en xeral son as actividades que a Asociación de Mulleres Poza da Moura organiza cada ano.

As charlas que se viñeron programando foron impartidas por colectivos como Afamo ou a Aecc sobre temas como a autoestima, nutrición ou incluso sobre os trámites administrativos derivados de herencias e testamentos. Todas elas despertaron un gran interese entre as asistentes.

Respecto aos obradoiros e manualidades en xeral destacan as clases de bordados Hardanger (noruego), cestería, bolillos e patchwork que conviven con outros como os de memoria, sexualidade, risoterapia, cociña, inxertos e poda ou inglés.

Curso de poda organizado pola Asociación de Mulleres Poza da Moura.

Para completar a gran oferta de actividades, estas mulleres tan activas programan de forma regular outras moito máis dinámicas como baile latino, ximnasia de mantemento, zumba, pilates ou ioga.

A Asociación de Mulleres Poza da Moura tamén se relaciona con outros colectivos participando ou organizando outras actividades dun carácter moito máis social e cultural

Xunto aos obradoiros e clases que a Asociación de Mulleres Poza da Moura organiza no Centro Cultural Rosalía de Castro ao longo de cada ano, hai outras actividades que se celebran en datas especiais.

Estas se realizan sobre todo en colaboración co Concello de Moaña e que lles dan unha presenza máis mediática no ámbito público e gracias a elas comparten as súas inquietudes e tempo con outros colectivos e coa sociedade en xeral.

O 8 de marzoDia Internacional da muller traballadora” e o 25 de novembroDia Internacional contra a violencia machista” son dúas datas moi importantes para a asociación. Nestas ocasións faise un acto central no auditorio do Centro Cultural Rosalía de Castro que as veces se complementa con charlas, representacións teatrais ou intervencións das mulleres máis veteranas nas que contan como traballaban antiguamente nas bateas, nas fábricas, etc.

Outra data especial é o día 24 de febreiro no que se conmemora o “Día de Rosalia de Castro” con danzas e música tradicionais.

Por último non podemos esquecernos da exposición de bordados, a representación de obras teatrais e actuacións de grupos musicais ou a colaboración coa Comparsa Animodo de Domaio que repiten cada ano polo Entroido aportando dulces tradicionais para o seu festival.

A Exposición de Camelias de Domaio, a actividade máis importante do ano para a Asociación de Mulleres Poza da Moura

Pero sen dúbida a actividade que máis importancia e con máis repercusión dentro de todas as actividades especiais organizadas pola Asociación de Mulleres Poza da Moura é a “Exposición de Camelias de Domaio”.

Este evento se celebra cada mes de xaneiro coincidindo coa floración do máis dun centenar de camelias que as socias do colectivo plantaron e agora coidan con mimo no Parque do Souto, ao carón da capela de San Benito, nunha superficie de 200 metros cadrados.

Vista xeral da exposición da camelia montada no pavillón de Domaio (2019).

No 2019 cumpriuse a XIII edición con gran éxito de público e a asistencia de máis de 40 cultivadores de todos os rincóns de Galicia e no 2020 foron máis de 200 variedades as que se puideron admirar na XIV edición.

Comida de confraternidade, saídas culturais e un baile de nadal completan as súas actividades

Finalmente, hai que dicir que para fomentar a relación entre as socias e cohesionar máis o colectivo, a Asociación de Mulleres Poza da Moura organiza regularmente saídas culturais e de ocio.

Foto de grupo tomada na excursión ao Castelo e a Torre de Belem en Lisboa.

Tamén fan unha comida de confraternidade en Chan da Arquiña cada mes de xullo e incluso ata unha cena baile no Nadal.

Comida de confraternidade en Chan da Arquiña (Xullo de 2019).

Se alguén esta interesado en coñecer as novidades nas actividades da Asociación de Mulleres Poza da Moura de Domaio, pode ponerse en contacto con elas no correo pozadamoura@gmail e gustosamente será atendida.

Óscar Rodríguez Martínez
Presidente A Illa dos Ratos en | + artigos

Socio fundador de A Illa dos Ratos.

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.