ascon astaleiro Meira

ASCON: DA MADEIRA AO REMACHADO

Texto elaborado por Óscar Rodríguez Martínez. Socio de A Illa dos Ratos.

Coincidindo coa decadencia das canteiras de Meira (Moaña), a finais dos anos 20 do século pasado, xurdíu no barrio do Latón un pequeno estaleiro que co paso do tempo acabaría converténdose en ASCON, o máis importante estaleiro de tamaño medio a nivel nacional.

Os primeiros pasos do estaleiro que daría lugar a ASCON

Nos inicios desa actividade naval en ASCON, os barcos que se reparaban primeiro e se construían despois, eran todos de madeira e non foi ata a década dos 50 cando comezaron a construírse barcos empregando o sistema de remachado de pranchas de ferro superpostas.

Esta tecnoloxía era bastante máis arcaica que a usada hoxe en día na construción naval, pero xa permitía facer barcos máis grandes.

Para marcar esas chapas de ferro, en ASCON eran necesarias unhas plantillas de madeira feitas a escala que eran fabricadas en Barreras (Vigo) e logo eran traídas en barco ata os estaleiros de ASCON en Moaña.

Necesitábanse grandes superficies para realizar o marcado e logo tíñase que cortar cada chapa cunhas tesoiras especiais de grandes dimensións capaces de traballar sobre pranchas de ferro dun gran grosor.

A unión das pezas facíase mediante a técnica do remachado, é dicir, poñíanse as pranchas superpostas xa barrenadas e  introducíase un remache previamente “quentado”  por un buraco feito tamén con anterioridade en ambas chapas.

ASCON DA MADEIRA A SOLDADURA
Estaleiro de Davila no Latón. Arquivo Pacheco.

Aquí entraban en escena os chamados “sufridores”, que eran os traballadores que tiñan que aguantar o remache dende un lado da chapa para que os que manexaban as máquinas de remachado puidesen facelo antes de que enfriase o remache.

Se se facía ben o proceso, as pranchas quedarían perfectamente unidas e o barco sería totalmente estanco pero no caso de detectar algún erro, xa fora na medida do remache ou no proceso de remachado, había que aplicar calor de novo cun soplete de man (que estaba composto dunha gran bombona que había que levar ao lombo) para retirar o remache e volver a facer o proceso.

Os traballadores máis novos, que eran asignados ao posto de quentar remaches na fragua, tiñan o temor de equivocarse nas medidas que lle ían pedindo os traballadores máis experimentados.

Se non eran as medidas adecuadas, había que retirar os remaches e poñer uns novos coa perda de tempo e o traballo adicional que lles supoñía cargando coa bombona do soplete. Máis dunha vez téñense lembrado da nai dalgún deles ou algunha ferramenta ten voado á cabeza dun compañeiro por tal situación.

Os traballadores de ASCON non o pasaban ben durante o proceso do remachado 

O traballo era realmente duro naquela época en ASCON. Un dos traballadores coñecido como “Freitas” que entrou a traballar con 13 anos como “marcador” e que co tempo sería un dos encargados, contaba nunha entrevista que a primeira grúa para mover as chapas non chegou ata 1957. Era unha grúa móvil con rodas que tiñan que empurrar os propios empregados polo que acababan derreados.

Do proceso de remachado dicía que o recordaba como algo moi ruidoso, de feito moitos dos traballadores estaban medio sordos. Tamén comentaba que o traballo era moi sufrido porque para quencer os remaches, que eran de diferente tamaño, había que mover unha fragua móvil de carbón e no verán non se aguantaba coa temperatura.

Ademais moitas veces había que plantar remaches en posturas pouco agradecidas polo que aos traballadores non lle quedaba máis remedio que turnarse aguantando o remache mentres os compañeiros o remachaban dende o outro lado da chapa.

Óscar Rodríguez Martínez
Presidente A Illa dos Ratos en | + artigos

Socio fundador de A Illa dos Ratos.

4 comentarios

  1. Las voces de Ascon y Conservas La Guía (I) » A Illa dos Ratos

    […] La primera etapa (1961-1975) correspondería a la propiedad de Román Dávila, la aparición de Pescanova y la apertura de una nueva factoría del astillero en Teis, Vigo. […]

  2. As voces de Ascon e Conservas La Guía (I) » A Illa dos Ratos

    […] primeira etapa (1961-1975) correspondería á propiedade de Román Davila, a aparición de Pescanova e a apertura […]

  3. Conchi Piñeiro

    Moi interesante e moi enriquecedor este artigo que nos permite coñecer a evoluciòn deste lado da rìa. Como se vai pasando dunha pequena industria a outra de major envergadura e por tanto màis elaborada e de paso ir coñecendo, tamèn, a transformaciòn das poboaciòns do entorno.
    Gracias por compartilo

  4. Ascon: Da madeira á soldadura (II) » A Illa dos Ratos

    […] el anterior artículo que dedicamos a la evolución de la construcción naval en ASCON, hablábamos de unos inicios en los que los barcos eran de madera y de cómo en la década de los […]

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.