ADICAM E A SÚA FUNDADORA FINA ACUÑA.

Texto elaborado por Olga Sotelo. Presidenta de ADICAM. Fotografías facilitadas por ADICAM.

ADICAM (Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama),  é sobre todo unha ilusión feita realidade a base de moito esforzo e moitas horas de traballo de mulleres, coma Fina Acuña Graña, que nun momento das súas vidas  tiveron que facer unha parón para deixalo todo e dedicarse a elas e a súa enfermidade.

Fina Acuña Graña, fundadora de ADICAM.

ADICAM nace o 21 de xaneiro do ano 2001 e bota a andar  xunto con Begoña, Tere, Vanesa, Loli, Isabel e Fina, en primeira liña e con 40 persoas asociadas, cantidade que iría evolucionando e crecendo o longo dos anos.

Dende o primeiro momento a meta da asociación foi promocionar a prevención e  a detección precoz da enfermidade. Os primeiros anos de vida da asociación foron nun pequeno piso da avenida de Marín, ata que en febreiro de 2013,  a entidade múdanse grazas a colaboración municipal a actual sede na Casa da Bola,  onde se fai unha parada explicativa sobre ADICAM dentro da ruta “Historia das mulleres de Cangas” que organiza cada ano a Asociación A Illa dos Ratos.

ADICAM traballa para que os pacientes e as súas familias reciban unha atención integral

A intención de Fina foi a de transformar o concepto de paciente polo de axente de cambio, crear un recurso que non existía, no que informar, acompañar, no que facer chegar propostas de mellora aos servizos hospitalarios a nivel provincial, sobre todo, no referente ao trato, á intimidade e a comodidade das persoas afectadas, xa que a parte emocional era fundamental para ela. Unha oportunidade para traballar en saúde fomentando actividades de lecer, de formación, de investigación, culturais e asistenciais.

Conseguiuno. Dunha asociación que naceu cun obxectivo  humilde e sinxelo, conseguiu crecer e chegar a ter máis dun millar de soci@s (na actualidade rondan os/as 1560),  mantendo unha actividade frenética durante todo ano, sempre tendo como meta principal mellorar a calidade de vida das persoas diagnosticad@s de cancro de mama na comarca do Morrazo e ás súas familias,  unha comarca de menos de 84.000 habitantes, convertíndonos así nun referente autonómico no apoio á pacientes de cancro de mama.

O traballo da asociación non se podería levar a cabo sen a Xunta Directiva. Neste momento está composta por 11 mulleres afectadas e 1 home familiar dunha muller afectada.

Centrándonos no traballo que facemos dende a asociación, traballamos sobre todo  na prevención primaria e secundaria pero tamén prestamos acompañamento  no diagnostico aos/as enfermos/as e as súas familias, asesoramos e informamos no tratamento e colaboramos na rehabilitación e seguimento, porque o cancro de  mama cada vez  mais é unha enfermidade crónica.  

En relación a poboación en xeral os primeiros martes de mes organizamos as tradicionais  charlas de saúde , na nosa sede en Cangas, as que pode acudir calquera persoa interesada.

En ADICAM contamos con noso propio equipo de investigación que na actualidade dirixe nun estudio científico que se esta a desenvolver dende 2012 e que permitirá  saber se se pode diminuír a incidencia de cancro co uso do kalanchoe.

O mes de Outubro e o máis intenso con motivo do Día Internacional do Cancro de Mama

Con motivo de que o día 19 de outubro é o Día Internacional do Cancro de Mama, é cando buscamos que a nosa labor se faga aínda máis visible. Durante todo o ano pero especialmente neste mes traballamos pola sensibilización da poboación do Morrazo e das das comarcas limítrofes organizando un intenso calendario de eventos e actividades ao longo de todo o mes:

1.- Xornadas científicas que aglutinan a distintos profesionais sanitarios de diversa índole nos que se tratan temas relacionados có cancro de mama e da saúde das persoas.

2.- “Marcha Solidaria Fina Acuña”: A gran marcha solidaria de Adicam foi unha iniciativa que xurdiu dun grupo de mulleres que para dar visibilización á causa, decidiron saír de Moaña e de Bueu e encontrarse nun punto intermedio de Cangas, alá polo ano 2008, todas elas ataviadas con pañoletas rosas e coas camisetas de ADICAM.

Grazas a elas e a súa valentía para ser as primeiras en facelo, hoxe esta marcha acumula máis de dous millares de persoas, mulleres, homes, nenos e nenas que camiñan cada ano formando parte dunha gran marea rosa ata Cangas.

Participantes da “Marcha Fina Acuña” á súa chegada ante a sede de ADICAM en Cangas.

3.- Xornada de portas abertas do 19 de Outubro. A ela esta convidada calquera persoa que lle apeteza pasar ese día pola sede da casa da bola.

4.- Mesas informativas formadas por voluntarias, moita de elas sobreviventes dun cancro de mama, informan a outras mulleres que están pasando por un proceso similar da labor da asociación e danlle a información a poboación en xeral sobre á importancia da prevención da enfermidade.

O calendario solidario, o certame de arte ou o proxecto 12 pasos son algunhas das actividades que ADICAM ven realizando cada ano con carácter regular

O primeiro calendario solidario de ADICAM foi editado en 2008 cando un grupo de  mulleres valentes prestaron a súa imaxe e o seu tempo co fin de dar unha imaxe diferente das mulleres mastectomizadas se pode encontrar en moitas casas e establecementos do Morrazo.

Dende 2011 tamén estamos traballando na exaltación da imaxe da muller por medio da convocatoria dun certame anual de arte e a organización de exposicións de distintos estilos artísticos na nosa sede, sempre buscando acercar á poboación para que poida comprender máis a enfermidade por medio da cultura.

No ano 2014 froito do interese de facer unha xuntanza entre mulleres con diferentes patoloxías, e que tiveran tempo para elas e para compartir a súas inquietudes organizamos a nosa “I Convivencia en feminino”, convocotaria a que cada vez acuden máis mulleres.

No ano  2015 comezamos cun novo proxecto que foi todo un reto, o programa “12 pasos cara a saúde” que consiste en fomentar os hábitos de vida saudables entre a poboación en xeral.

Outro reto foi o Grupo Interactivo de pacientes que comezou a andar no ano 2016, que xurdiu do interese por mellorar a calidade de vida das persoas que están pasando por un proceso oncolóxico. E nese mesmo ano, onde comezamos có programa ¡Ti queres ti podes! de estimulación cognitiva e de exercicio físico adaptado a pacientes oncolóxicos. 

Outro feito importante, prodúcese o cambio de presidencia,  e Fina Acuña Graña deixa o seu testigo a Olga Sotelo Pastoriza, actual presidenta de ADICAM.

Seguimos traballando pola prevención primaria e comezamos có programa “Apálpate” no 2017, no que un grupo de voluntarias,  leva ao rural información sobre autoexploración mamaría, nunha clara aposta pola prevención.

En xaneiro  de 2018 co afán de dar coberturas ás necesidades directas das persoas da zona norte da Provincia, comezamos a traballar en Pontevedra, para poder chegar cada vez a máis mulleres que o precisen. E en xuño de 2020 inauguramos nova sede tamén en Vigo na rúa Oliva, no centro cívico preto da colexiata.

No 2019 debido a que tamén viñamos atendendo mulleres con outro tipo de patoloxías de cáncer xinecolóxico, decidimos incluír esta realidade tamén nos nosos estatutos, unha medida que foi aprobada en asemblea xeral de socios/as.

Unha gran labor chea de recoñecementos

Por toda esta intensa labor ADICAM foi premiada ao longo deste anos con premios de diferente índole. Algúns deles:

  • 2013 Premio da Asociación Cacarexo.
  • 2015 Premio da AVV de Berducedo e Piñeiro.
  • 2015 e 2016 Bronce Premios Jovell.
  • 2018 Premio Daravelo, da Asociación de Darbo.
  • 2019 Medalla Emilia Pardo Bazán otorgada pola Xunta de Galicia.
close

Subscríbete ao noso boletín!

Cada venres mandarémosche un correo con cousiñas interesantes complementarias ás nosa rutas.

Ao subscribirte, aceptas recibir os nosos correos informativos e aceptas a nosa Política de Privacidade. Podes darte de baixa en calquer momento

Deixa o teu comentario

O teu correo electrónico non será publicado.Os campos obrigatorios márcanse cun *

Pode empregar estas etiquetas e atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos .
  • Finalidad Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.