🐭🐭 MIL RUTAS, MIL HISTORIAS E UN MESMO CAMIÑO 🐭🐭

Texto de Óscar Rodríguez Martínez, socio fundador da Asociación A Illa dos Ratos.

A Asociación A Illa dos Ratos acada as mil rutas guiadas no Morrazo tras dez anos de actividade 

O pasado domingo 28 de xuño, a Asociación A Illa dos Ratos acadou, tras dez anos de actividade, a impresionante cifra de 1.000 rutas guiadas no Morrazo. 

Nesta ocasión a ruta realizada foi  «A Moaña mariñeira» e entre os máis de 70 asistentes estiveron algúns dos nosos seguidores máis fieis, pero tamén personalidades do ámbito político, como Leticia Santos e Coral Ríos, alcaldesa e concelleira de Turismo do Concello de Moaña, respectivamente; e do mundo da cultura, como Fernando Cuñarro, da A.C. A Cepa de Cangas; Cuqui Piñeiro, en representación da Fundación Xoán Piñeiro; ou Pepe Sequeiros, impulsor da Festa Popular de Bronlle en 1976 e presidente da traída de augas de Meira-A Torre en dúas ocasións.

A ILLA DOS RATOS ALCANZA AS MIL RUTAS
Fotografía dos ratos coas autoridades que viñeron en representación do Concello de Moaña: Eloy, Lu, Coral Ríos (Concelleira de Turismo), Óscar e Leticia Santos (alcaldesa).

Como en edicións anteriores, durante o percorrido falamos da estreita vinculación de Moaña co mar pero nesta ocasión tan especial, ao final de cada parada, dedicamos tamén uns minutos a lembrar a nosa traxectoria e a render homenaxe a algúns asistentes. 

A ILLA DOS RATOS ALCANZA AS MIL RUTAS

Durante a presentación, tomaron a palabra Coral Ríos e Leticia Santos, concelleira de turismo e alcaldesa de Moaña

Ao inicio do percorrido, logo dos discursos das autoridades, falamos da orixe do Porto de Moaña e da primeira batea instalada na ría aló por 1932, e a continuación presentamos a Ana Portela Maquieira, a única persoa que participou na primeira ruta organizada por A Illa dos Ratos en 2016.

Tamén tiñamos previsto que estivese presente Tania Castro, concelleira de Turismo e Medio Ambiente do Concello de Cangas durante a lexislatura 2015-2019. Dende o seu cargo converteuse nun importante apoio nos nosos inicios e queríamos facerlle unha pequena homenaxe que finalmente non foi posible, pero aínda así lemos unha mensaxe súa aos presentes na que nos felicitaba e poñía en valor o nosa traxectoria.

Presentación do programa “Verán en ruta 2017” realizada na contorna da Ex – colexiata de Cangas: Pablo Lemos, Lucia Sotelo, Tania Castro, Xabi Guardado e Óscar Rodríguez.

Os asistentes foron os protagonistas durante o percorrido 

A seguinte parada a fixemos diante do Pazo do Real. Alí falamos dos cinco almacéns de salga cos que chegou a contar Moaña e a continuación, explicamos a vinculación do pazo coa figura de Méndez Núñez, contando para iso coa intervención de Maricruz Suárez-Rivero, membro da Asociación Amigos dos Pazos e descendente da familia do ilustre mariño.

A ILLA DOS RATOS ALCANZA AS MIL RUTAS

Na escultura adicada ao “Mariñeiro Carrexador” pedimos que algúns dos nosos ratos máis carismáticos como Nacho, Jose, Carmen ou Nazario nos contasen que ruta lles gustara máis de todas as que fixeran ata o momento.

Avanzamos ata o antigo Pósito de Moaña para coñecer o papel de José Costa Alonso na súa constitución e a importancia desta organización para mellorar a vida da xente do mar. A continuación pedimos que dixeran unhas palabras Pepe Sequeiros, Fernando Cuñarro, Cris Ambel, Maricruz Rivero, Bety e Cuqui Piñeiro.

A ILLA DOS RATOS ALCANZA AS MIL RUTAS

E chegamos a escultura do “Fisgón”, obra de Manuel Varela onde, antes de facer a foto de grupo, reflexionamos sobre o importante papel das mulleres nas actividades relacionadas co mar que xurdiron en terra: as peixeiras, as redeiras, as mariscadoras, as empregadas das conserveiras e as carreiras.

A ILLA DOS RATOS ALCANZA AS MIL RUTAS

Na escultura dedicada ao Mariñeiro e o emigrante”, de Magín Picallo, lembramos os naufraxios máis importantes da historia de Moaña, como o Ave do Mar (1956) ou o Centoleira (1964).

Na última parada, que tivo lugar nas Carpinterías da Seara, entregamos uns diplomas e agasallos a todos os presentes 

O lugar elixido nesta ocasión para rematar a ruta foi o rehabilitado estaleiro de Casqueiro, onde falamos da importancia das carpintarías de ribeira na construción e reparación das embarcacións dedicadas, principalmente, á pesca tradicional.

Posteriormente, foi o momento para agradecer a colaboración das entidades e empresas que nos apoian, xa que sen todas elas non sería posible manter vivo este fermoso proxecto.

Aínda que se fixo un recoñecemento expreso a cada unha delas, destacouse especialmente a implicación e xenerosidade de Prosaude, El Bribón de la Habana, Talenom, Dental Forte, Naviera Nabia, Conservas Lago Paganini, Rodeiramar 2A, Óptica Studio, La Fiorentina e Pink Souba Clothing, entre outras.

A sorpresa final para todos foi o momento no que Óscar, convertido en mestre de cerimonias, foi nomeando a cada un dos asistentes para entregarlle un diploma conmemorativo á vez que Coral Ríos lles daba uns agasallos, cortesía do Concello de Moaña.

Así concluíu unha xornada tan extraordinaria como emotiva para os membros de A Illa dos Ratos, os seus seguidores, colaboradores e simpatizantes, que se despediron soprando mil candeas co desexo de compartir xuntos outras mil rutas máis.

A ILLA DOS RATOS ALCANZA AS MIL RUTAS
Os ratos que estiveron presentes nesta xornada histórica: Lucía Sotelo, Eloy Gómez, Óscar Rodríguez e Aitor González.
Redacción A Illa dos Ratos
+ artigos

5 comentarios

  1. Ana María

    Grazas polo voso labor, ánimo Ratos !
    Foi un día conmemorativo ️ e emotivo
    coa sorpresa final, un pracer.

  2. Patricia

    PARABENS! por esa iniciativa y continuidad! y por los escritos y relatos semanales!

  3. Nacho

    Seguide así, a polas 2000

  4. Carmen Piñeiro

    Fue un día fantástico. Gracias ratos!

  5. Clsra

    Felicidades! Gracias!
    Por un proyecto tan positivo para tod@s y para todo.
    La jornada del milenio fue muy bonita y emocionante.
    Un abrazo

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.