A Asociación A Illa dos Ratos alcanza as 500 rutas guiadas
Texto elaborado por Óscar Rodríguez Martínez, presidente de A Illa dos Ratos.

Tras seis anos de intensa actividade “A Illa dos Ratos” alcanza a máxica cifra das 500 rutas guiadas por O Morrazo
Tras seis anos de intensa actividade, o noso proxecto, a Asociación de Animación Sociocultural e Turística “A Illa dos Ratos” alcanza a máxica cifra das 500 rutas guiadas, algo que non podiamos imaxinar cando iniciamos a nosa traxectoria en Cangas alá polo mes de xaneiro do 2016.
Nos nosos inicios, os impulsores fomos un grupo de amigos que viñamos de diferentes campos como a animación sociocultural, o medio ambiente, o turismo ou a cultura, e que decidimos constituírnos como entidade sen ánimo de lucro co obxectivo de dinamizar e diversificar a oferta sociocultural, turística e de ocio existente na Comarca do Morrazo.
Estabamos convencidos de que dedicar parte do noso tempo de lecer a facer rutas guiadas para dar a coñecer e poñer en valor os recursos turísticos de O Morrazo e organizar diferentes actividades de dinamización sociocultural e de concienciación medioambiental, en ambos casos sempre de balde, terían boa acollida entre todo tipo de público.
Co paso do tempo podemos dicir que nos sentimos moi orgullosos do que conseguimos. Organizamos múltiples actividades de animación, pero sobre todo un amplo e variado abanico de rutas. Gracias ao compromiso dos nosos guías ao longo destes anos, hoxe xa podemos presumir de ter chegado a impresionante cifra de 500 rutas guiadas en espazos de interese medioambiental, turístico e cultural polas que pasaron máis de 14.000 persoas.
As nosas actividades comezaron en Cangas, o pobo que viu nacer o noso proxecto
No 2016, co apoio da Concellería de Turismo e Medio Ambiente, que en aqueles momentos levaba Tania Castro, chegou o nosos primeiro programa de rutas guiadas gratuítas titulado “Verán en Ruta 2016” que incluía as rutas “Massó, o sentir dun pobo”, “O Facho, gardián milenario” e “Intermareal, mar á vista ¡¡¡”.
Foi tal el éxito colleitado que tivemos que deseñar novos percorridos para atender a crecente demanda. Así xurdiron novos itinerarios que co paso do tempo convertéronse en habituais dos diferentes programas que levamos a cabo nos seguintes anos: “Senda costeira de Areamilla a Liméns”, “Cangas 1617, A defensa da Vila”, “Cangas 1617, Outro punto de vista”, “O Hío, de pedra en pedra”, “Aldán, un condado á beira do mar”, “Cabo Home – Costa da Vela”, “Rúas con historia”, “Muíños de Coiro”, “Personaxes de Cangas”ou “Cangas e o mar”.
Con todo, tamén tivemos tempo para facer outras rutas especiais en diferentes lugares. En Cangas tivemos rutas como “Historia das mulleres de Cangas”, “Serra da Madalena”, “Carballal de Coiro”, “Casco histórico de Cangas“, “Cangas na República”, e “Cangas e a súa Semana Santa”. En Bueu levamos a cabo unha ruta titulada “Muíños do Canudo de Meiro” que posteriormente se integraría dentro da programación da Festa do Millo Corvo. Incluso fixemos unha ruta en Pontevedra baixo o título “Lourizán, o paraíso olvidado”.
En 2018 a nosa asociación deu o salto a Moaña
O impulso que facilitou o noso desembarco en Moaña foi cando Moisés Barcia, da Editorial Rinoceronte, contactou con nos porque ían publicar un libro sobre as antigas canteiras do litoral de Moaña escrito pola moañesa Tamara Campo Táboas. Ocorreúselle que podería ser interesante organizar unha ruta por esa zona e foi entón cando co apoio da Concellería de Turismo e Promoción Económica, comandada por Coral Ríos, comezamos a traballar nesa nova ruta, “Canteiras do litoral de Moaña“, coa que conseguimos que os asistentes puidesen descubrir esa actividade levada a cabo nesta zona de Meira, de onde saíu toda a pedra necesaria para os recheos do litoral vigués, e que tanta importancia tivo para o desenvolvemento económico, social e urbanístico de Moaña.
Foi tal o éxito que tivo este novo percorrido que tivemos que repetilo varias veces máis das que tiñamos previsto e ao año seguinte non houbo máis remedio que ampliar a oferta. Así foi como xurdiron novas rutas como “A Moaña mariñeira”, “San Martiño”, “Intermareal de Tirán”, “Sendeiro da Fraga”, “Sendeiro de Rialdarca”, “Mulleres da historia de Moaña” e incluso unha ruta literaria sobre o libro “O último barco” de Domingo Villar.
A nosa web e o noso blog aportan un gran valor engadido completando a experiencia dos asistentes as nosas rutas
Para completar a experiencia dos asistentes ás nosas rutas aproveitamos o confinamento pola COVID- 19 para dotar de interesantes contidos a nosa web, www.ailladosratos.org.
Nela poden consultarse as características das diferentes rutas que realizamos. Tamén estamos desenvolvemos un interesante proxecto baixo o título “O blog dos Ratos”, no que os nosos socios e colaboradores externos van publicando cada semana artigos sobre temas relacionados cos contidos explicados nas rutas, sobre outras asociacións e colectivos do Morrazo, biografías de personaxes locais, libros de intereses ou contidos medioambientais.
Estas iniciativas son o resultado do traballo e a implicación de todos os nosos membros, especialmente dos que conformamos a actual xunta directiva: Óscar Rodríguez Martínez (presidente), Lucía Sotelo Nogueira (secretaria), Eloy Gómez Fernández (tesoureiro), Liliana Cancelas Gargamala (vogal) y Xabier Guardado Soliño (vogal).
Todos nos, en nome do resto das persoas que forman ou teñen formado parte do noso colectivo, queremos agradecer o apoio, axuda e participación das persoas, colectivos e institucións que teñen colaborado para que o proxecto de A Illa dos Ratos se teña consolidado. Agardamos que nos sigades acompañando na nosa viaxe, que esperamos sexa tan longo e reconfortante como o foron estas 500 rutas.
Óscar Rodríguez Martínez
Socio fundador de A Illa dos Ratos.
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/21/05/2020
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/02/06/2020
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/15/06/2020
4 comentarios
Redacción A Illa dos Ratos
Y que estés tu ahí para compartirlos con nosotros, María.
Redacción A Illa dos Ratos
Muchísimas gracias por tus palabras Rosa ¡¡¡
Maria Rosa Riveiro Santamarina
A por otras 500 rutas más, sois geniales
⅞
Maria
Por moitos anos mais.