UN ANO COMPLETO CON RUTAS EN CANGAS, MOAÑA E BUEU

Texto elaborado por Óscar Rodríguez Martínez, socio de A Illa dos Ratos.

Con este artigo, queremos facer un repaso do que foi noso ano pero tamén nos gustaría expresar o noso agradecemento a todas as persoas que asistiron as nosas rutas e actividades, aos colaboradores que escribiron para o noso blog e aos establecementos e entidades colaboradoras, xa que sen a vosa participación e apoio, isto non sería posible. 

Para os nosos seguidores, 2025 foi un ano cheo de rutas, actividades e novos contidos interesantes no “Blog dos Ratos”

A unhas semanas de que publiquemos o calendario de rutas para o inverno de 2026, toca facer balance deste ano que termina e agradecervos a todos e todas os que participastes nas nosas actividades e que xa formades parte desta gran familia.

Tamén estamos moi agradecidos a TODOS os establecementos e entidades que colaboraron apadriñando rutas na nosa web ou artigos no blog, con especial mención a Concello de Moaña, Concello de Cangas, Concello de Bueu, Todomorrazo, Prosaúde, Conservas Lago Paganini, Dental Forte, Taberna Dos Chata, Hotel H4, Naviera Nabia, El Bribón de la Habana, Hostal y Apartamentos Rodeiramar 2A, Spa Bienestar Moaña, Talenom Asesores, Heladería La Fiorentina, Fundación Xoán PiñeiroHotel Hollywood.

A vosa colaboración fixo posible un ano máis este fermoso proxecto e que puideramos realizar rutas durante todoaño, o que nos permitiu alcanzar un total de 911 ás que asistiron 26.124 personas desde que comenzamos a nosa andadura en 2016.

Neste artigo falaremos precisamente delas, pero non queremos esquecernos de destacar o crecemento experimentado polo ” Blog dos Ratos, recurso que xa conta con  máis de 280 artigos publicados sobre temas relacionados con Morrazo e a súa historia, que reciben semanalmente máis de 950 subscritores e gozan os seguidores da páxina de Facebook “Historias do Morrazo“.

A Illa dos Ratos realizou 141 rutas en 2025, cunha asistencia total de 4.199 persoas, unha media de 28,55 por ruta

Cando iniciamos este proxecto en 2016, a nosa intención era dinamizar o noso entorno e, a través de visitas guiadas, ofrecer unha forma divertida e didáctica de coñecer e aprender a valorar os nosos recursos turísticos.

Co mesmo espírito e ilusión que o primeiro día, neste ano colaboramos por primeira vez cos tres Concellos de O Morrazo. Co Concello de Moaña, organizamos o programa  “Descubre Moaña 2025”, co apoio do Concello de Cangas, impulsamos “Cangas en ruta 2025, que contou con recorridos por diferentes localizacións do pobo que nos viu nacer, e como novidade, iniciamos unha nova aventura da mano do Concello de Bueu cun proxecto titulado “Recoñecer Bueu 2025”

“DESCUBRE MOAÑA 2025” contou con 13 percorridos diferentes, grazas a estrea da ruta “O mar de Meira” 

Neste programa, os asistentes tiveron a oportunidade de descubrir algúns dos aspectos e lugares máis interesantes de Moaña a través de 13 rutas: “A Moaña marinera“, “Canteiras do litoral de Moaña“, “San Martiño“, “Sendeiro da Fraga“, “A Torre de Meira”, “Intermareal de Tirán”, “Mulleres da historia de Moaña”, “Sendeiro de Rialdarca”, “Literaria – O último barco”, “A Poza da Moura de Domaio“, “Historia das rúas de Moaña” , “Sendeiro do río do Barranco do Faro” e a gran novidade deste año, “O mar de Meira

Como en ocasións anteriores, as cifras de asistencia volveron a ser excepcionais:

Nas 56 rutas realizadas en Moaña asistiron 1.514 persoas, o que supón unha media de 27,04 persoas por ruta. Desas rutas, 13 foron realizadas con centros educativos e nelas participaron 376 persoas.

As rutas máis repetidas nesta ocasión foron a ruta “Intermareal de Tirán” (9), “A Moaña mariñeira” (8) y “O mar de Moaña” (6), unha actividade que realizamos especificamente para colexios e na que visitabamos a Praza de abastos de Moaña.

FOTOS DAS RUTAS REALIZADAS EN MOAÑA NO 2025

En “CANGAS EN RUTA 2025” volveron a ter moito protagonismo as rutas realizadas para centros educativos 

Entre as rutas que realizamos en Cangas destacaron grandes clásicos como “Massó, o sentir dun pobo“, “Cangas 1617, a defensa da vila“, “Intermareal de Areamilla” ou “Aldán, un condado a beira do mar” pero tamén celebramos a estrea de novos percorridos como “As esculturas de Cangas” y “As terras de Coiro: agro e cultura“, todas elas cuns impresionantes datos de asistencia:

En total, realizamos 74 rutas en Cangas ás que asistiron 2.225 persoas, o que supón unha media de 30,07 persoas por ruta.

Seguindo a liña do ano anterior, no que fixeramos un total de 76 rutas, durante 2025 tivemos a oportunidade de realizar 23 rutas con diferentes centros educativos da nosa contorna, nas que participaron 682 alumnos e alumnas.

Ademais estreamos unha serie de xincanas con temática de igualdade baixo o título “Mulleres senlleiras de Cangas” en colaboración coa AFA do CEIP A Rúa e a Federación de Anpas de centros educativos de Cangas “A Gameliña”, nas que participaron un total de 339 persoas.

As rutas que fixemos en máis ocasións foron “Massó, o sentir dun pobo” (23), “As esculturas de Cangas” (10) e “Cangas 1617, a defensa da vila” (7).

FOTOS DAS RUTAS REALIZADAS EN CANGAS NO 2025

Por primeira vez realizamos rutas en Bueu que programamos dentro do proxecto “RECOÑECER BUEU 2025” 

Por fin, tras nove anos, conseguimos organizar un programa de rutas en Bueu. Tras un intenso traballo de preparación previa, puidemos ofrecer un total de 5 rutas diferentes: “Massó, a orixe“, “Mulleres da historia de Bueu“, “Senda litoral de Bueu I“, “Ermelo, o berce do Morrazo” e “Intermareal de Agrelo“, todas elas recibidas cunha gran acollida:

En total, realizamos 11 rutas en Bueu ás que asistiron 460 persoas, o que supón unha impresionante media de 41,82 persoas por ruta.

FOTOS DAS RUTAS REALIZADAS EN BUEU NO 2025

O ano 2025 agasallounos con moitos momentos especiais con vós como protagonistas, a gran familia ratona

Durante as rutas e actividades que realizamos ao longo do ano, tivemos a oportunidade de vivir xuntos moitas experiencias marabillosas e incluso tivemos a honra de recibir un recoñecemento polo noso labor.

Foi no mes de marzo, nunha cea de gala celebrada no Hotel H4 de Cangas no que recibimos o premio FEPROTUR (Federación Empresarial de Turismo y Hostelería de Pontevedra), un recoñecemento o noso labor de divulgación e posta en valor dos recursos turísticos do Morrazo.

No centro da imaxe podemos ver ao noso presidente, Óscar Rodríguez, posando co resto dos premiados logo da Gala que FEPROTUR celebrou o pasado 17 de marzo no Hotel H4 de Cangas.

No mes de abril, cumprimos 800 rutas cunha visita por Massó co IES San Tomé de Freixeiro de Vigo, e o pasado 9 de novembro alcanzamos as 900 rutas coa ruta “San Martiño”.

Tamén nos sentimos moi orgullosos da nosa participación na Conmemoración Histórica “A Defensa da Vila – María Soliña 2025” na que realizamos dúas veces a ruta “Cangas 1617, A Defensa da Vila” cun total de 89 asistentes, e actividades de animación infantil nas que a pesar da choiva participaron máis de 150 persoas.

Esperamos volver a contar coa vosa participación e apoio no 2026, xa que sen vós, o noso labor non tería sentido

Nunhas semanas anunciaremos os programas de rutas para a temporada de inverno, que comezarán previsiblemente o 31 de xaneiro. Coma sempre, poderedes informarvos e inscribirvos por whatsapp no 611 08 08 53. Se estades interesados ​​en asistir, teredes que estar moi atentos, porque para manter a calidade das rutas haberá un límite de 30 prazas. Unha vez completadas, habilitaremos as correspondentes listas de espera, que xestionaremos activamente.

MOITAS GRAZAS A TOD@S POR FORMAR PARTE DESTE FERMOSO PROXECTO E DESTA GRAN FAMILIA RATONA ¡¡¡

Óscar Rodríguez Martínez
Presidente A Illa dos Ratos en | + artigos

Socio fundador de A Illa dos Ratos.

3 comentarios

  1. Guillermo Daniel Tedone

    Pronto nos veremos nuevamente caminando y conociendo juntos, gracias por un lindo y caminado 2025.

  2. Jose

    Parabéns polo voso traballo e dedicación. Deséxolle a toda a familia dos ratos un maravilloso comezo de ano novo.
    Vémonos nas rutas!

  3. Carmen Piñeiro

    Enhorabuena y gracias por todo. Nos veremos pronto

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.