FOLCLORE DENDE OS BARRIOS DE BERDUCEDO E PIÑEIRO.

Texto elaborado por Alba Rodríguez Barcia, compoñente da A.C.F Solaina e vogal na súa Xunta Directiva.

A Agrupación Cultural e Folclórica Solaina nace no ano 1994 nos barrios moañeses de Berducedo e Piñeiro, tendo como principal labor o de contribuír a que non se perda a cultura propia do noso pobo.

A A.F.C Solaina converteuse co paso dos anos nun referente cultural de Moaña

A Agrupación foi creada con todo o cariño e o esforzo dun grupo veciñal e ao longo dos anos convertiuse nun referente de cultura, con moi diversas actividades.

Dende os primeiros pasos ata o presente pasaron varios Mestres de baile como Fernando, Emma e Patri, e na actualidade son compoñentes do grupo os que están á fronte, Claudia, Adri e María. Por outro lado, o grupo de gaita e pandeireta está dirixido polo Mestre Xavier Blanco, gran colaborador da asociación, axudando a elaborar diferentes actividades.

A.F.C SOLAINA
Ensaio con pandeiros baixo a dirección do mestre Xavier Blanco.

Dentro do noso repertorio temos diferentes bailes recuperados polo propio Xavier Blanco, bailes típicos dos barrios máis próximos, como poden ser o de “madamas e galáns” ou “os curruvellos” que se bailaban no Entroido.

A nosa vestimenta está baseada nos traxes de gala do século  XVIII e de faena de principios do XX. Foron creados con moito esforzo polas familias dos nosos compoñentes, e despois de moito traballo, conseguiron facer uns traxes vistosos e elegantes que son os que empregamos habitualmente con pequeñas variacións nalgúns detalles nos diferentes bailes que realizamos, como é o caso dos curruvellos.

Dentro das nosas tarefas, e gracias a colaboración do Mestre de gaita, fixemos varios talleres para crear os nosos propios instrumentos como as pandeiretas e pandeiros que usamos nas actuacións e celebracións

A.F.C SOLAINA
Formación da A.F.C Solaina no ano 2009 diante da Casa da Cultura.

Ao longo dos anos a A.F.C Solaina realiza varias actividades culturais, como poden ser esfolladas, muiñadas ou magostos

A muiñada, que se celebra una vez ao ano no muíño da Laghoíña, na beira do río, chegou a ser un referente na cultura veciñal, contando con gran colaboración e participación por parte de moitos veciños, de persoas do ámbito cultural, e das familias dos socios. Mentres o muíño traballa para facer fariña milla, os participantes tocan, bailan e xantan os manxares que cada quen leva para compartir.

A.F.C SOLAINA
Esfollada tradicional na que participan nenos e nenas do barrio.

Outro éxito é o magosto, que agora se celebra en colaboración con varias asociacións da contorna, no que cada ano se xunta un gran número de persoas para celebrar este gran evento, tocar, bailar e comer castañas.

A A.C.F. Solaina celebrou o seu XXV aniversario no ano 2019

Con motivo dunha data tan relevante para a agrupación, no festival anual que celebramos no adro dos Milagres, celebrouse unha gran festa como a ocasión merecía, convidando ao grupo Puebla del Aljible, co que, despois de facer un intercambio cultural, temos unha gran amizade.

A.F.C SOLAINA

Despois de tantos anos, a agrupación está orgullosa da súa traxectoria, xa que ten colaborado en moitos festivais nacionais e internacionais

As primeiras actuacións foron na contorna da comarca do Morrazo, para acabar percorrendo gran parte da xeografía peninsular. Estivemos presentes en gran parte de Portugal, así como Asturias, Alicante, Cuenca, Cáceres ou Badajoz.

Tamén nese ano 2019, coincidindo co aniversario, a agrupación foi premiada pola AA.VV. Berducedo-Piñeiro, co premio ao labor cultural. Un gran pracer, que recompensa o esforzo que todos os integrantes e socios fan ano tras ano para lograr que todas as actividades saian ben.

A.F.C SOLAINA
Os compoñentes da A.F.C Solaina recollendo o premio ao labor cultural que lle concedeu a AAVV Berducedo-Piñeiro.

Intentamos facer convivencias entre os socios sempre que se pode, dende viaxes para coñecer a nosa comunidade ata xantares, xuntanzas ou actividades na natureza, xa que este tipo de actividades favorecen as relacións desta gran familia, sendo os máis cativos son os que máis gozan con estas excursións.

Na actualidade a asociación conta coa colaboración duns 75 socios, os que lle agradece o seu apoio incondicional todos este anos, e cos que esperan contar para facer posible todas estas actividades durante moitos anos máis.

Alba Rodríguez Barcia

Membro e Vogal na Xunta Directiva da A.F.C Solaina

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.