CAMELIAS DENDE O PARQUE DO SOUTO DAS CAMELIAS DE DOMAIO PARA O MUNDO
Texto elaborado por Óscar Rodríguez Martínez, socio de A Illa dos Ratos en base a información e fotografías facilitadas por Amalia Casás, presidenta da Asociación de Mulleres Poza da Moura.
Ano tras ano a parroquia de Domaio en Moaña convírtese por uns días no centro da exaltación da camelia en Galicia grazas ao esforzo organizativo da Asociación de Mulleres Poza Da Moura de Domaio en Moaña.
A primeira exposición tivo lugar no multiusos de Domaio no 2006 pero ante a gran afluencia das seguintes edicións cambiouse ao pavillón do CEIP Domaio
A primeira exposición de camelias que organizou a Asociación de Mulleres Poza da Moura en Domaio foi no ano mes de xaneiro de 2006 a iniciativa de D. Eduardo De La Rubia, un veciño da parroquia que era un gran amante e coñecedor desta flor.
Se fixo e se sigue facendo no mes de Xaneiro porque é o momento no que as camelias, que son flor de inverno, acadan o seu máximo esplendor.
As primeiras edicións se celebraron no multiusos de Domaio, situado nun lugar privilexiado, como é o paseo marítimo.
A mostra foi crecendo e pronto o multiusos de Domaio quedouse pequeno porque había moitos expositores procedentes de toda Galicia que se mostraban moi interesados en participar. Nos pedían asistir dende lugares tan dispares como Lugo, Santiago, Vigo, Naron, Sada, Vilagarcia, Tui, Cuntis, Salceda de Caselas, Tomiño, Porriño Redondela ou Sanxenxo.
Tomamos a decisión de cambiarnos ao pavillón, grazas a colaboración de Carlos, director do colexio, e do Concello de Moaña.
No ano 2020 a exposición voltou á súa orixe sendo organizada na ubicación orixinal
Para a exposición de Xaneiro de 2020 , na XIV edición, regresamos ao multiusos onde aproveitamos para facerlle unha pequena homenaxe a nosa compañeira Laura Almuíña, que tristemente hoxe xa non se atopa entre nós, e que curiosamente era viúva D. Eduardo De La Rubia, impulsor da mostra nos seus comenzos.
Laura sempre tivo unha intensa participación no traballo e aportaba camelias do seu propio xardín para as exposicións realizadas ao longo destes anos e botarémola moito de menos.
O Parque do Souto das Camelias, o lugar onde a Asociación de Mulleres Poza da Moura coida as súas camelias durante todo o ano
Desde o 2011 contamos en Domaio co Parque do souto das camelias donde podemos apreciar máis de 100 variedades desta flor, doazón do Centro Fitopatoloxico Areeiro, a través da Diputación de Pontevedra e o Concello de Moaña.
Anexamos plano de distribución do parque, elaborado de forma desinteresada polo arquitecto Pablo De La Rubia Almuíña, fillo de impulsor da mostra nos seus inicios D. Eduardo De la Rubia e da nosa compañeira Laura Almuíña.
Port último recollemos no seguinte documento as camelias que levamos ás exposicions nas que participamos en todos os recunchos de Galicia entre os meses de Decembro e Marzo.
Óscar Rodríguez Martínez
Socio fundador de A Illa dos Ratos.
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/02/06/2020
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/09/07/2020
Deixa a túa resposta