A ESCOLA ELEMENTAL DE PESCA DE CANGAS DE FELIPE CARNICER.

Texto elaborado por Óscar Rodríguez Martínez.

D. Felipe Carnicer López era un mestre natural de Orera, un pequeño pobo cercano a Calatayud (Zaragoza), que contaba con experiencia en diversas escolas de orientación marítima da península.

No ano 1930 foi destinado a Cangas e aquí foi o impulsor da Escola Elemental de Pesca de Cangas, a primeira desas características a nivel nacional.

O proxecto de Carnicer, según explicaba nunha entrevista que concedeu no seu día ao Heraldo de Aragón, se basaba no feito de que á súa chegada a Galicia observou unha cousa ben curiosa.  Aquí a maior parte dos armadores de pequenas embarcacións eran tan pobres que tiñan que facer eles mesmos de tripulantes e en lugar de ocupar  os cargos de patrón ou motorista, ao non estar titulados, tiñan que pagarlle a alguén para que fixese esas labores.

O principal motivo desta falta de titulación era que ata ese momento soamente os mariñeiros e pescadores que vivían en portos importantes tiñan acceso aos estudos necesarios para desempeñar esas labores de patrón, motorista ou fogoneiro habilitado con ensino teórico e práctico.

Os mariñeiros de portos humildes poderían sacar o título de patrón ou motorista

Todo isto foi o que o inspirou para propoñer no Concello de Cangas a posibilidade de emprender xestións de cara á creación da Escola Elemental de Pesca de Cangas na que se realizaría unha formación heteroxénea destacando aspectos como:

  • Clases de navegación: cartografía, reglamento de luces, maniobras e meteoroloxía a cargo dun capitán da mariña mercante.
  • Clases de ensinanzas relativas a máquinas e caldeiras a cargo dun maquinista naval.
  • Nocións de hixiene relacionadas con feridas, queimaduras, pinchazos de peixes, vendaxes ou respiración asistida a cargo dun médico.

O que Carnicer buscaba era que a Escola Elemental de Pesca fose un medio para transformar por completo as vidas deses pobres mariñeiros que saían todos os días a loitar contra as adversidades do mar e que na maior parte dos casos non sabían se ían a voltar as súas humildes vidas.

Ao remate do seu primeiro curso en abril do 1934 a actividade pioneira realizada en Cangas chamaría a atención en distintos medios estataisp feito de ter dado formación a 45 alumnos de entre 16 e 35 anos que recibirán ensinanzas de patrón, fogoneiro habilitado e motorista sendo a primeira vez que esta ensinanza se facía con prácticas en pesqueiros a vapor e con motor de explosión.

close

Subscríbete ao noso boletín!

Cada venres mandarémosche un correo con cousiñas interesantes complementarias ás nosa rutas.

Ao subscribirte, aceptas recibir os nosos correos informativos e aceptas a nosa Política de Privacidade. Podes darte de baixa en calquer momento

Un comentario

  1. Pepe sANTOS "O poeta" » A Illa dos Ratos

    […] práctica, como Xosé Monge, Pepe Azpeitia na Fonte do Galo ou o mestre do Pósito de mariñeiros Felipe Carnicer. Este último, impulsou a creación da escola elemental de pesca en Cangas, sendo o primeiro centro […]

Deixa o teu comentario

O teu correo electrónico non será publicado.Os campos obrigatorios márcanse cun *

Pode empregar estas etiquetas e atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos .
  • Finalidad Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.