E TI, ATACAS OU DEFENDES? ÚNETE Á DEFENSA DA VILA ¡¡¡

Texto elaborado por Óscar Rodríguez Martínez, socio da Asociación A Illa dos Ratos.

O 9 de decembro de 1617, un grupo de piratas turco berberiscos, a bordo de once navíos, atacan a florecente e próspera vila de Cangas, sementando as súas rúas de morte e destrución.

Este feito histórico, tan relevante como descoñecido entre moitos dos habitantes do pobo, é o piar no que se asenta a conmemoración histórica “A defensa da Vila – María Soliña”, que o Concello de Cangas leva intentando consolidar dende fai varios anos para poñer en valor esta parte tan importante da nosa historia e desestacionalizar o turismo.

Despois das bases sentadas nos anos anteriores nos que participaron na preparación moitos dos colectivos culturais da vila, nesta edición volverá a ser a A. C. A Defensa da Vila a que se encargue da organización do evento que se desenvolverá os días 25, 26 e 27 de setembro.

A programación prevista, que pode consultarse na web www.adefensadavila.com, inclúe a “Feira dos invasores 1617”, actividades de animación infantil, rutas e a habitual representación teatral polas rúas do centro da vila. Ademais, como en anos anteriores está previsto que participen realizando actuacións e pasarrúas diversos colectivos como A.C Peis d´hos, A.C Lembranzas da Ría, A.C.F Tromentelo, Lume de Karoso, Ameaça de bombo ou a A.C María Soliña.

Dende A Illa dos Ratos nos encargaremos da actividade de animación infantil do sábado e faremos dúas rutas guiadas

O sábado 26 de setembro a partir das 17:30h a Asociación A Illa dos Ratos será a encargada de facer a actividade de animación para nen@s que vaise celebrar fronte a Casa da Bola na que haberá o xa tradicional obradoiro de escudos, outro de mapas piratas divertidos e tamén maquillaxe, globoflexia, xogos e moitas sorpresas máis.

E para rematar a tarde sortearemos entre os asistentes viaxes as Illas Cíes, Ons e San Simón cortesía de Naviera Nabia, un lote de conservas de Lago Paganini, dous almorzos bufete no Hotel e Apartamentos Rodeiramar, pases para o Club Termal do Spa Bienestar de Moaña, unha sesión de beleza en Hedra Centro Estético, un bono de dúas entradas de día con material de escalada incluido de Bonobo Morrazo, dúas sesións en Arxé Fisioterapia, dous vales de hamburguesa e bebida en Lokal Sevilla, dous xogos de “Perfect ¡ un duelo de mierda“, e prendas de roupa da marca canguesa Pink Souba Clothing.

Ademais, o propio sábado 26 ás 11:30 h e o domingo 27 ás 11:00h levaremos a cabo a ruta “Cangas 1617, A defensa da Vila“, na que coñeceremos como era a vida dos habitantes de Cangas naquela época, as circunstancias do ataque e as súas consecuencias. Coma sempre, para asistir é necesario realizar unha inscrición previa por whasap no 611080853. 

O colofón final será a representación teatral de Teatro de Ningures, o domingo a partir das 20:00h polas rúas de Cangas

A DEFENSA DA VILA - MARIA SOLIÑA 2026

Dende A Illa dos Ratos queremos felicitar a todos os colectivos e persoas que traballaron para que este evento poda celebrase un ano máis, e como cada ano queremos poñer en valor especialmente o traballo e dedicación de Nico Avilés e Fran Graña, impulsores da Asociación Cultural A Defensa da Vila.

Óscar Rodríguez Martínez
Presidente A Illa dos Ratos en | + artigos

Socio fundador de A Illa dos Ratos.

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.