E TI, ATACAS OU DEFENDES? ÚNETE Á DEFENSA DA VILA ¡¡¡
Texto elaborado por Óscar Rodríguez Martínez, socio da Asociación A Illa dos Ratos.

O 9 de decembro de 1617, un grupo de piratas turco berberiscos, a bordo de once navíos, atacan a florecente e próspera vila de Cangas, sementando as súas rúas de morte e destrución.
Este feito histórico, tan relevante como descoñecido entre moitos dos habitantes do pobo, é o piar no que se asenta a conmemoración histórica “A defensa da Vila – María Soliña”, que o Concello de Cangas leva intentando consolidar dende fai varios anos para poñer en valor esta parte tan importante da nosa historia e desestacionalizar o turismo.
Despois das bases sentadas nos anos anteriores nos que participaron na preparación moitos dos colectivos culturais da vila, nesta edición será a A. C. A Defensa da Vila a que se encargue da organización do evento que se desenvolverá os días 26, 27 e 28 de setembro.
A programación prevista, que pode consultarse na web www.adefensadavila.com, inclúe a “Feira dos invasores 1617”, unha exposición na Capela do Hospital a cargo da Asociación Devanceiros do Mar e os Alfombristas de San Martiño, actividades de animación infantil, rutas e a habitual representación teatral polas rúas do centro da vila. Ademais, como en anos anteriores está previsto que participen realizando actuacións e pasarrúas diversos colectivos como A.C Peis d´hos, A.C Lembranzas da Ría, A.C.F Tromentelo, Lume de Karoso, Ameaça de bombo ou a A.C María Soliña.

Dende A Illa dos Ratos nos encargaremos da actividade de animación infantil do sábado e faremos dúas rutas guiadas
O sábado 27 de setembro a partir das 17:30h a Asociación A Illa dos Ratos será a encargada de facer a actividade de animación para nen@s que vai a celebrar fronte a Casa da Bola na que haberá un obradoiro de escudos, outro de personaxes divertidos e tamén maquillaxe, globoflexia, xogos e moitas sorpresas máis.
E para rematar a tarde sortearemos entre os asistentes viaxes as Illas Cíes, Ons e San Simón cortesía de Naviera Nabia, unha viaxe en veleiro pola Ría de Vigo para dúas personas e dous almorzos bufete no Hostal e Apartamentos Rodeiramar 2A , pases para o Club Termal do Spa Bienestar de Moaña, tarros de mel 100% natural con propóleo e eucalipto de A Gorgoriña de Coiro , camisetas e agasallos de África y su magia , un xogo de “Perfect ¡ un juego de mierda“, e prendas de roupa da marca canguesa Pink Souba Clothing.
Ademais, o sábado 27 ás 11:30 h e o domingo 28 ás 11:00h levaremos a cabo a ruta “Cangas 1617, A defensa da Vila“, na que coñeceremos como era a vida dos habitantes de Cangas naquela época, as circunstancias do ataque e as súas consecuencias. Coma sempre, para asistir é necesario realizar unha inscrición previa por whasap no 611080853.

O colofón final será a representación teatral de Teatro de Ningures, o domingo a partir das 20:00h polas rúas de Cangas

Dende A Illa dos Ratos queremos felicitar a todos os colectivos e persoas que traballaron para que este evento poda celebrase un ano máis, e queremos poñer en valor especialmente o traballo e dedicación de Nico Avilés e Fran Graña, impulsores da Asociación Cultural A Defensa da Vila.
Óscar Rodríguez Martínez
Socio fundador de A Illa dos Ratos.
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/02/06/2020
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/22/07/2020

Deixa a túa resposta