E TI, ATACAS OU DEFENDES? ÚNETE Á DEFENSA DA VILA ¡¡¡

Texto elaborado por Óscar Rodríguez Martínez, socio da Asociación A Illa dos Ratos.

O 9 de decembro de 1617, un grupo de piratas turco berberiscos, a bordo de once navíos, atacan a florecente e próspera vila de Cangas, sementando as súas rúas de morte e destrución.

Este feito histórico, tan relevante como descoñecido entre moitos dos habitantes do pobo, é o piar no que se asenta a conmemoración histórica “A defensa da Vila – María Soliña”, que o Concello de Cangas leva intentando consolidar dende fai varios anos para poñer en valor esta parte tan importante da nosa historia e desestacionalizar o turismo.

As malas condicións climatolóxicas obrigan a cancelar o programa de actividades previsto, pero mantense a representación teatral para o domingo 29 de outubro as 18:00h

Despois das bases sentadas na edición do ano anterior na que participaron moitos dos colectivos culturais da vila na preparación, ía ser a A. Cultural A Defensa da Vila a encargada da organización desta conmemoración histórica.

Dentro da programación prevista, que podía consultarse na páxina web www.adefensadavila.com e nas redes sociais, os asistentes ían poder visitar a “Feira dos invasores 1617” e pasarse polas outras actividades previstas como as xornadas culturais, actividades infantís e a habitual representación teatral polas rúas do centro da vila. Ademais cada día estaba previsto que participasen realizando actuacións e pasarrúas diversos colectivos como A.C Peis d´hos, A.C Lembranzas da Ría, A.C.F Tromentelo, Grupo de Danzas Pais de San Roque, Lume de Karoso, a A.C María Soliña ou a Banda de Música “Belas Artes”.

A Illa dos Ratos ía realizar unha actividade de animación infantil e unha ruta guiada

Dende a Asociación A Illa dos Ratos iamos ser os encargados da actividade de animación para nen@s que se ía celebrar inicialmente o sábado 14 de outubro pola tarde a partir das 17h na contorna da praza de abastos, fronte a Casa da Bola. Tiñamos preparado un obradoiro de escudos, outro de personaxes divertidos e tamén maquillaxe, globoflexia, xogos e moitas sorpresas máis como os sorteos de varios almorzos no Hostal e Apartamentos Rodeiramar 2A, viaxes as Illas Cíes, Ons e San Simón cortesía de Naviera Nabia, pases para o Club Termal do Spa Bienestar de Moaña ou vales de compra cortesía de Fecimo – Comercio do Morrazo.

A organización intentou trasladar toda a programación aos días 27, 28 e 29 de outubro, pero as inclemencias do tempo impediron finalmente que se celebrasen.

A representación teatral de Teatro de Ningures será a única parte da programación que se manteña pero no Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela 

A pesar da súa cancelación, dende A Illa dos Ratos queremos felicitar a todos os colectivos e persoas que traballaron para que este evento se celebrase un ano máis, e queremos poñer en valor especialmente o traballo e dedicación de Nico Avilés e Fran Graña, impulsores da Asociación Cultural A Defensa da Vila.

Óscar Rodríguez Martínez
Presidente A Illa dos Ratos en | + artigos

Socio fundador de A Illa dos Ratos.

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.