DO MAR Á CAMA DE DESPECE

Texto elaborado por Óscar Rodríguez Martínez. Socio de A Illa dos Ratos. Fotografías cedidas pola A.C. A CEPA.

LA FIORENTINA. Deliciosos xeados artesáns na Praza das Pontes de Cangas.

Os baleeiros ou catchers eran obsoletos buques de vapor noruegueses ou ingleses duns 40m de eslora que se internaban ata 50 millas en busca de cetáceos, concretamente cachalote e rorcual común.

Eran rápidos e silenciosos, o que facilitaba a aproximación aos cetáceos, aos que cazaban lanzando un arpón dende o canón que estaba situado na proa, nunha zona elevada respecto o resto do casco e conectada por unha pasarela coa ponte.  

Ese tipo de canón pesaba preto de 80kg de peso e o arpón que lanzaba contaba con 4 garfos articulados que unha vez impactaban se abrían automaticamente para aferrar a presa. 

Chegou a empregarse o “arpón quente” para matar a balea

Ás veces, na punta do arpón poñíase unha granada explosiva bastante pesada para acelerar a morte do animal, o que facía que para o seu manexo fosen necesarios dous homes.

Este sistema coñecido popularmente como “arpón quente“, pronto deixou de empregarse. O motivo non foi a crueldade que supoñía como forma de dar morte aos cetáceos, senon porque se destrozaba a carne e iso afectaba ao prezo que a empresa podía obter por ela.

A boa organización do traballo a bordo era moi importante

Segundo contan os mariñeiros, a caza das baleas soía realizarse a maioría das veces a unhas 40 millas da costa nas zonas de Currubedo, A Garda ou Ribadeo seguramente porque nesas zonas os cetáceos atopaban deliciosos calamares xigantes, potas, anguías ou incluso polbos.

O patrón ía manexando o barco e unha vez que o vixía ou “balconeiro” detectaba algún exemplar, seguía as súas instruccións para aproximarse.

Unha vez o barco estaba a distancia adecuada, procedíase ao lanzamento do arpón para alcanzar ao animal, reducilo e amarralo ao costado do barco normalmente aplicándolle aire comprimido para que non afundise.

Se a xornada de pesca era boa e tiñan a tiro varios exemplares, en lugar de amarrar a captura ao costado da embarcación, a balizaban no mar e ían a pola seguinte captura, sendo ao final cando recollían todas as capturas e as amarraban aos costados do buque.

As capturas tiñan que ser despezadas nun prazo máximo de entre 10-12 horas para que a carne non perdese calidade, polo que unha vez rematada a xornada o buque tomaba dirección á factoría sen demora.

O posto do vixía e do arponeiro eran relevantes para a caza da balea

Unha vez chegaba, amarrábanse as capturas nunha boia para que viñese un operario cunha embarcación a remo e coa axuda dunha pinza de xaiba, unhas tenazas de ferro unidas a cables de aceiro, remolcase o exemplar. Logo, mediante a acción dun potente guinche chamado “dunke”, subía a balea á “praia” ou cama de despece.

Como último paso antes de proceder ao despece, medíanse a lonxitude e a altura do exemplar para estimar o diámetro e poder así calcular o peso do animal mediante unhas táboas matemáticas que variaban segundo a especie da que se tratase.

Óscar Rodríguez Martínez
Presidente A Illa dos Ratos en | + artigos

Socio fundador de A Illa dos Ratos.

3 comentarios

  1. A pedra de ámbar gris » A Illa dos Ratos

    […] pedra de ámbar gris (Morgante 2021) es una obra diseñada para ver la historia de la caza y el procesamiento industrial de las ballenas como quien dice desde el vientre del monstruo, es decir, desde la primera […]

  2. A pedra de ámbar gris » A Illa dos Ratos

    […] pedra de ámbar gris (Morgante 2021) é unha obra concibida para ver a historia da caza e do procesamento industrial das baleas como quen di dende a barriga do monstro, é dicir, dende primeira […]

  3. O proceso da caza da balea (II) » A Illa dos Ratos

    […] anterior artigo que adicamos ao proceso da caza da balea titulado “Do mar á cama de despece” explicabamos como se realizaba a caza do animal e o seu posterior traslado ata a factoría. […]

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.