Texto elaborado por Carmen Fernández Pérez, Presidenta da Asociación Cultural e Folclórica Charaviscas de Domaio.
Convidados a participar desta boa iniciativa que impulsa a Asociación A Illa dos Ratos, imos aproveitar este artigo para presentarvos o noso colectivo, a A.F.C Charaviscas, que no 2020 cumpriu 40 anos traballando dende a parroquia moañesa de Domaio pola cultura e o folclore galego.
A A.C.F. Charaviscas e un grupo que desde o 1980 ven desenvolvendo unha labor a favor da cultura e o folclore de Galicia, a súa modernización e difusión.
Creado por un pequeno grupo de mulleres de Domaio, os comezos foron moi difíciles xa que todo estaba gobernado por homes e non aceptaban a iniciativa que tiveramos esas mulleres por loitar e promover a música e o baile tradicional galego.
Coas primeiras compras de material para traxes e instrumentos, o grupo foi trazando o perfil da súa liña futura, apostando pola recuperación e posta ao día do folclore tradicional galego e procurando xuntar a tradición coa modernidade.
Fóronse recollendo os cantares e bailes típicos entre as persoas maiores da parroquia dirixidas por Victoria nos seus inicios, máis tarde, Mariví, Javier Alves, Sotelino, Pablo Alonso, Vanesa, Maira e Lupe, que eran integrantes do mesmo grupo, e na actualidade Sesi Martínez.
Inicios da A.F.C Charaviscas nos anos 80.
No ano 1985 nace a banda de gaitas “ADOMAINA” que participaba das actuación da Asociación Cultural e Folclórica Charaviscas
Pero a Asociación Cultural e Folclórica Charaviscas non era soamente un grupo de danzas e no ano 1985 nace ao seu abeiro a banda de gaitas “ ADOMAINA” dirixida por Xavier Blanco.
Nesta nova sección participaron case un cento de rapaces de varias idades , e aínda que na actualidade xa non existe esa banda, si permanece un quinteto e un grupo de pandereteiras e séguese facendo canteira con rapaces e rapazas a partir dos 3 anos.
A banda de gaitas nos seus inicios.
Co paso do tempo ampliáronse as actividades na A.F.C Charaviscas de Domaio
Tras comezar a realizar aerobic, zumba, e outras actividades similares, no ano 2017 comezamos con outra actividade cultural como son as clases de teatro, onde nace o grupo “Charaviscas Teatro” dirixidas en principio por Iria Piñeiro e na actualidade a actriz moañesa María Salgueiro.
Representación teatral da obra “O florido Pensil”.
Na actualidade mantemos unha media de 95 socios e seguimos loitando por manter viva a nosa cultura.
Ademais da nosa labor principal, somos unha entidade que cada ano organiza actos culturais como: o Entroido, funcións de teatro, Festival das Letras Galegas, o magosto co serán “Castañas asadas e viño con mel”, o Festival do Nadal ou Festival folclórico de Domaio onde realizamos intercambios para coñecer outros folclores e cultura e dar a coñecer a nosa cultura e folclore tamén.
Como podedes supoñer foron moitas as experiencias vividas ao longo de todos estes anos nas que participamos en diversos actos por toda Galicia e fomos invitadas a participar en festivais por toda España , Portugal, Francia , Alemaña, etc.
[…] En 1992 se publica un cuaderno sobre “A Casa Fidalga do Rosal” de Xosé C. Villaverde y Juan Miguel González, en la VI Cea de Irmandade Cultural se premia a Isaac Díaz Pardo por Hacer país, a José Sequeiros por la organización de la fiesta de Bronlle, a Celso Parada por los premios logrados, al gaiteiro Iván Costa por el premio Mac Callan de Lorient y a la A.F.C. Charaviscas. […]
[…] No 1992 publícase un caderno sobre “A Casa Fidalga do Rosal” de Xosé C. Villaverde e Juan Miguel González, na VI Cea de Irmandade Cultural prémiase a Isaac Díaz Pardo por Facer País, a José Sequeiros pola organización da festa de Bronlle, a Celso Parada polos premios acadados, ao gaiteiro Iván Costa polo premio Mac Callan de Lorient e a A.F.C. Charaviscas. […]
2 comentarios
Agrupación Cultural Nós » A Illa dos Ratos