Inicio

Localiza a túa ruta!

Rutas guiadas gratuitas no Morrazo

Rutas ambientais

Mar e montaña é o que enche a paisaxe da comarca do Morrazo. As visitas por Cabo Home, a Serra da Madalena, os muíños da Fraga ou Coiro, e as rutas intermareais por Areamilla ou Tirán, farán que vexas e sintas toda esta natureza dun xeito diferente.

As Illas Cíes dende Cabo Home
Nave da canteira de O Cocho

Rutas etnográficas

As historias de vida enchen as nosas visitas de anécdotas para que coñezas como vivían e traballaban as mulleres e homes das vilas do Morrazo. Rutas polo antigo complexo industrial de Massó en Cangas ou polas canteiras do litoral de Meira farán que as redescubras con outros ollos.

Rutas culturais

A arte celta e o patrimonio relixioso impregnan a cultura do Morrazo. Así, o castro do Facho, a igrexa románica de San Martiño e o cruceiro do Hío, son algunhas das visitas que te farán viaxar no tempo.

Cruceiro de O Hío

rutas guiadas en cangas

Visitas guiadas gratuítas e didácticas para coñecer o patrimonio histórico, cultural, artístico, etnográfico e ambiental de Cangas.

Massó, o sentir dun pobo

A conserveira que marcou unha época

+ INFO

O Facho, gardián milenario

Cultura castrexa

+ INFO

Intermareal, mar á vista

Area, estrelas e ourizos de mar

+ INFO

Cabo Home e a Costa da Vela

Camiño dos faros

+ INFO
Consulta o calendario de rutas e reserva a túa praza

rutas guiadas en moaña

Visitas guiadas gratuítas e didácticas para coñecer o patrimonio histórico, cultural, artístico, etnográfico e ambiental de Moaña.

Intermareal de Tirán

Entre mareas

+ INFO

Canteiras do litoral

Moaña, terra de canteiros e pedreiros

+ INFO

A Moaña mariñeira

Unha orixe vinculada ao mar

+ INFO
sendeiro dos muíños da fraga moaña

Sendeiro da Fraga

Ríos e muíños

+ INFO

actividades de animación

A realización de actividades de animación sociocultural tamén forma parte da nosa esencia á hora da dinamización cultural da nosa contorna. A realización de obradoiros e a organización de divertidas xincanas e xogos ¡son a nosa especialidade!

Outros proxectos

Ademais de rutas e actividades de animación tamén vimos participando de diferentes proxectos en colaboración con outros colectivos e administracións.

PARTICIPA

POLO PLANETA
ACTIVIDADES DE

CONCIENCIACIÓN AMBIENTAL

Limpamos praias, celebramos o Día dos Océanos e participamos en feiras ecoartesás. Bota un ollo!

AULAS

NA NATUREZA
RUTAS PARA

ESCOLARES

Adaptamos algunhas das nosas rutas para que os colexios fagan actividades didácticas co seu alumnado ao aire libre.

REDE

SOCIAL
foto de gente conectando sus dedos
OUTRAS

COLABORACIÓNS

Tamén participamos en actividades solidarias e socioculturais organizadas por outras asociacións e colectivos.
Se tes un grupo e queres facer visitas privadas escríbenos!
*

COLABORADORES

Subscríbete ao noso boletín!

Cada venres mandarémosche un correo con cousiñas interesantes complementarias ás nosas rutas.

Ao subscribirte, aceptas recibir os nosos correos informativos e aceptas a nosa Política de Privacidade. Podes darte de baixa en calquer momento

Empregamos cookies para asegurar unha mellor experiencia de navegación neste sitio web.    Ver Política de cookies
Privacidad