A PRIMEIRA GRAN CATÁSTROFE ECOLÓXICA EN GALICIA.

Texto elaborado por Óscar Rodríguez Martínez. Socio de A Illa dos Ratos.

LIBRERÍA na Rúa Real, 13 e IMPRENTA na Rúa Heroes de 1617, 11B de Cangas.

Máis de cincuenta anos despois da considerada maior traxedia ecolóxica sufrida pola ría de Vigo, carecemos dun relato contrastado capaz de explicar as razóns que provocaron o accidente e o seu alcance real.

As autoridades franquistas de Mariña esforzáronse en minimizar o feito indicando que se trataba dun simple verquido controlado de apenas mil toneladas de petróleo. Pero as impresionantes fotografías incluídas nas crónicas xornalísticas da época acabaron mostrando a gran magnitude dunha catástrofe que a pesar da censura chegaría á portada da prestixiosa revista “New Yorker” en maio do 1973.

O Polycommander era un petroleiro noruegués que fora construído en Götemborg no ano 1965

Medía 230 metros de eslora e ademais de estar equipado cun motor principal de 15.000 cabalos de potencia, contaba cun moderno sistema de navegación Decca.

Cinco anos despois da súa botadura, mentres facía unha ruta desde Sidón (Líbano) cara ao porto bretón de Donges, ao carón de Saint-Nazaire, o seu capitán  Mr. Strom Olsen viuse obrigado a dirixirse cara o porto de Vigo para desembarcar á tripulante Karin Alstad que estaba embarazada e corría o risco de sufrir un aborto.

Eran as catro e vinte da madrugada do martes 5 de maio de 1970 cando, tras deixar a tripulante ingresada no sanatorio Troncoso da cidade olívica, o petroleiro retomou a viaxe. Cando estaba abandonando á ría, o buque bateu nuns baixos das Cíes diante da praia de Figueiras, na illa de Monteagudo, destruíndo a sala de máquinas e provocando unha fenda considerable no casco pola que comezou a saír case un terzo das preto de 50.000 toneladas de cru de variedade Light Arabian que transportaba.

Este derrame deu paso a varios estoupidos e a un incendio que foron seguidos con gran preocupación pola xente de ambos lados da ría que quedou cuberta dunha densa nube negra.

Nun primeiro momento nos traballos de extinción do lume participaron de forma moi precaria os bombeiros de Vigo e as tripulacións de diferentes pesqueiros, que trataban de conter aquela marea negra empregando medios artesanais.

Finalmente chegaron os reforzos: tripulacións de varios buques da armada como o cruceiro Canarias, a fragata Legazpi e o remolcador de altura RA-1 tiveron un evidente protagonismo nesta labor, ademais dos remolcadores do porto “Elduayen” e “Serviola”. Tamén hai constancia da intervención de oito avións do exército do aire e dun helicóptero que trataron de axudar como puideron nas labores de extinción.

Entretanto unha gran marea negra abríase paso irremediablemente cara as costas e praias. Para tratar de deter o seu avance chegou axuda da aviación norteamericana, que aplicou substancias dispersantes sobre a ría. Esta era unha práctica habitual neste tipo de catástrofes pero provocou danos adicionais para a flora e a fauna mariña, e tivo importantes consecuencias para a pesca de baixura e nas colonias de aves.

A Autoridade Portuaria de Vigo atribuíu o erro ao capitán noruegués pero outros organismos internacionais determinaron que a neglixencia fora do práctico do Porto de Vigo

Volvendo as circunstancias do sinistro non se comprende como dende a ponte, na que debería estar o veterano práctico do porto de Vigo Joaquín Miller asesorando ao capitán, non se iniciou coa antelación necesaria o cambio de rumbo a estribor. A Autoridade Portuaria de Vigo atribuíu o erro ao capitán noruegués pero outros organismos internacionais de loita contra a contaminación mariña ou a aseguradora Lloyd´s determinaron que a neglixencia correspondeu ao práctico do porto de Vigo.

No naufraxio salváronse 39 tripulantes, entre eles tres mariñeiros de Ribeira que foron remolcados no seu bote salvavidas polo pesqueiro Centinela, un dos primeiros en acudir as chamadas de auxilio do petroleiro. Tamén houbo loxicamente algúns feridos de diversa consideración, entre os que destacaban 4 mariñeiros de reemprazo que presentaban queimaduras.

Como curiosidade dicir que tras permanecer encallado na zona, en outubro dese mesmo ano os restos do petroleiro foron levados a Grecia. Unha vez reformado rexurdiría das súas cinzas co nome de Yanxilas e aínda navegaría ata 1984, ano no que sería dado de baixa e despedazado.

Óscar Rodríguez Martínez
Presidente A Illa dos Ratos en | + artigos

Socio fundador de A Illa dos Ratos.

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.